Xan das Crebas (IX)
Despois de descansar un pouco, e picar algo, Xan dirixíuse cara a costa. O vento de sudoeste ía arreciando. Achegouse a un valado e quitou a picadura emais papel e púxose a liar un pitillo. Botou a man no peto sacando un chisqueiro que, logo prendíu o cigarro. Eran o que tiñan de bo eses chisqueiros, que canto máis vento facía, máis prendían.
Mentres estaba fumando, apareceron unhas mulleres que parecían levaban presa. Logo chegaron a altura del e déronlle os bos días ao que Xan lles respostou:
- "Nos de Deus!".
Ían falando entre elas, pero... o único que lle oíra Xan, era que falaban da Manolita emais da Rosa. Xan pensou pra sí de que, estarían falando de mulleres, o único que lle extrañaba era como ían con tamaño temporal por aquel camiño.
Proseguíu a súa marcha non moi lonxe delas, as cales, aló arriba colleron cara o monte. Xan seguíunas, a ver que ían facer naquel sitio, xa che lle entrara un pouco a curiosidade. Ao chegar arriba, vío unha pequena capela, aquelas mulleres que ían diante del, colleron unha escada que estaba deitada no chan, erguéndoa e botándose unha a escalar por ela. A Xan quedoulle a cara de parvo. A muller que estaba subida movíu unha tella botándoa dun xeito que non era lóxico. Xan achegouse a elas e díxolles:
- "Perdoen vostedes!, non é que eu sepa moito de "retellador", pero a min paréceme que si viñeron aquí porque chovía na capela, ¡tal como poñen vostedes as tellas, vai diluviar dentro!". Ao que lle contesta unha das mulleres que estaba tremendo da escala:
- "Cale señor!, que non estamos pra bromas, que están no mar os nosos homes e fillos e colliunos este temporal, e as lanchas con este vento non poden vir ben pra terra e viñemos "a cambiar a tella", pra que a nosa Virxe do Monte nos mande un vento mellor, e así os nosos homes e fillos poidan vir sans pra terra".
- "Disculpen Vostedes!, e que nunca antes vira esta maneira de pedir un bo vento", contestou Xan, ao que lle resposta outra das alí presentes:
- "Mire señor!, a nosa Virxe do Monte é moi milagreira, xa dende moito antes de nacer as nosas avoas, un home que lle chamaban... como era Carmen? "- preguntou, e contéstalle outra das mulleres - "Fernando Mendez, que ía no San Antonio e Ánimas, ao chegar pola altura desta costa formóuselle un grande temporal con moito cerrazón e ofrecéndose á nosa virxe, pra que lle descubrise terra, e segundo rematou a súa petición clarexou, Ai Pepa!, cando vas a aprender o conto?".
- "Nunca!, si xa o sabes ti, abóndame", respostoulle a outra muller.
Xan, dándolle as gracias, marchou cara o outro lado da capela, dende alí, viase o monte onde el e o seu amigo foran, e que, lle causara tan grande impresión. Ruborizouse un pouco ca lembranza dese día, e achegando a man aos ollos, limpou as baguas, e dixo:
Aló, ó outro lado da ría,
no alto d´aquel penedo,
tiven a sensación
de estar cerca do ceo.
Deixei un gran amigo,
pra mín, máis que un irmán,
estaba só no mundo,
ata coller a sua amistad.
Adeus, monte Corpiño
xa nos voltaremos ver,
que xunto ao meu amigo
eu sei que hei volver.
Con esto, volveu sobre os seus pasos. As mulleres xa non estaban. O vento seguía soprando con forza, e baixou a unha praía que vira cando subío. Ao chegar, viu que abondaban as "crebas" cativas, esas que flotan na auga e non valen pra moito,. Tamén había madeira, pero non tiña Xan gañas de cargar, pra catro perras que lle podían dar. Ademais non estaba no seu pobo, e pra facer viaxes longos, mellor era buscar algo máis doado de levar, ou se cadra máis valioso. Aínda que... se non atopaba teríase que conformarse ca madeira.
De pronto... un forte chubasco fixo cambiar o vento, e.... nese intre, pensou que as mulleres que vira antes tiñan razón. Buscuu un abrigo mentres pasaba o chubasco, para despois seguir remexendo a ver se atopaba algo. Mentres estaba sacudindo a roupa algo lle fixo que puxera a mirada cara o mar, pero... sería o que se estaba imaxinando... (continuará) <:7>
- Xusto Gómez (xustofisterra.blogspot.com).
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".