Xan das Crebas (XII)

... Foi andando, pensativo. Estaba nun lugar onde, por oídas, faláronlle da existencia de raqueiros. E da "vaca farol". Oíra que eran desalmados, non querían testemuñas e... polo botín, atraían os barcos, poñéndolle un farol nos cornos ás vacas.

Mentres camiñaba levaba isto no seo pensamento, cando... a uns trescentros metros del, case que, na baixada a unha ribeira, viu un grupo de homes conversando axitadamente. Xan, por reflexo, tirouse a un lado do camiño, ocultándose detrás dunhas xestas. A discusión estábase a producir entre dúas persoas, as de maior idade. Xan abríu un pouquiño as xestas e ollou como o grupo atendía aquela discusión. Pero do que non se decatara, era que, unha persoa das que estaban en pé, ollárao e viña cara el gritando:
- "Oiga vostede! ¿que está a facer...?". Xan ergéndose, e... facendo amago de amarrar o cordel que lle suxetaba o pantalón, repostoulle:
- "Mire... eu... ía cara a praia e...".
- "Vale, vale", díxolle o home.
- "Veña pra xunto nós!".

an non as levaba todas consigo. A súa cara estaba a tornarse pálida. Entón foi cando un dos que discutían díxolle:
- "Boas! vostede non é de por aquí?". Xan quedou pensando e díxolle:
- "Non señor! Eu, son de máis ó sur, e, ando por estes lares en busca de algunha creba que sae nas ribeiras e praias". O home exclamou:
- "Ben! entón ninguén sabe que está aquí?.

Os contos que camiñan sóos,
ás veces van rola, rola
xentiña, coidado cos contos
que poñen a un nunha ponla.

Crecen polo camiño
remátase por se crer
cando chegan o seu sitio
quei lle deron de comer!!!

Non se pode facer caso
de algo que non se ve
pois ás veces traen fracaso
pra quen vai a boa fe...

  • Poesía de Pacola González Campelo.

Nese intre, Xan decatábase que, estaba perdido, que... a súa imprudencia e os nervos o venceran, levando a man á faciana, pasouna frotando nela ao mesmo tempo que facía un movemento de negación. O home que estaba a ollar pra el, proseguío:
- "Pois... querrá gañar unhas perras?" Aquelas palabras a Xan soaronlle a alivio. Non, non o ía matar, pero... querían que formase parte da banda!. Eso tampouco era bo, pero tamén, era a única forma de salvarse das garras dos saqueadores. Abríu a boca e... balbuceando dixo:
- "Ss...i, si, sen problema". Entón o home díxolle:
- "Pois nós, somos dunha empresa de salvamento marítimo que esta no pobo, e..." Ao oír aquelas palabras, Xan cambiou de cor a súa tez, esta, xa ía sendo vermella, inspirou profundamente e, despois... soplou. O home proseguía ca sua locución:
- "...temos que coller unha mercancía que está nesta ribeira e, nós sós, non damos conta dela". Xan colleu máis ánimo e díxolle:
- "Sen problema! Mais eu pensaba que vostedes eran raqueiros, e tiña medo que me fixeran dano".
- "Jajajajajajajajaja...", soaron unhas forte risas naquela ribeira, e un deles díxolle:
- "Pois sí, meu home, falan moito diso destas costas pero nada máis lonxe da realidade, hai xente como vostede, que vive do que sae nas praias, e ás veces son eles quen salvan ás probes xentes dos barcos, e ... como non? cando un barco encalla e a súa tripulación está a salvo, ou, morrera a xente, van coller si poden algo do que saia, xa que, nestas costas hai moita fame, i eso dos raqueiros, é un conto que se inventan pra que non veña a xente, así, os máis valentes, recollen as cousas e, teñen tempo xa que non hai quen lles faga a competencia, pero nada máis lonxe de ser saqueadores e menos o da "vaca farol" esa. Pois mira, si vostede vén pola costa ollou un cerrado de pedra con unha caseta. Nese cerrado están os probes dos mariñeiros dun barco que, foron saíndo á costa e recollidos por esa xente que falo, ademais de veciños dos pobos, que lles deron sepultura nese sitio. E... moi preto, aló, hai unha furna que ten o nome de "Furna dos Difuntos Queimados", que, naquela furna, hai anos, xa mo contaba o meo avó, saíran uns corpos mesturados con cabos emais cera que levaba o barco e... ao ser case imposible separar os corpos, decidiron queimalos entre aquel amasixo de cerumen. Así, meu home, pódolle nomear centos, por iso, fixeron no pobo unha base de salvamento, pra rescatar os barcos emais a carga, xa que, por desgraza encallan moitos por estos paraxes".

Xan asentíu coa cabeza, mentres o xefe ordenou proseguir cos traballos. Botoulles unha man, e, despois foron todos pra o pobo, o cal era pequeno, pero tamén o único que contaba cunha base de salvamento privada. Ó rematar de cobrar e tomar algo, Xan decidíu dormir na vila.

Así o día seguinte marchou, despedíndose de todos, na procura das súas preciadas crebas, subíu polo camiño e...(continuará)

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados