Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cabana

Alejandra Plaza colleitou bicos da Costa da Morte para o Día Internacional dos nenos e das nenas hospitalizados

O pasado 13 de maio, como cada ano, celebrouse o Día Internacional dos nenos e nenas hospitalizados. Un día tal así pero en 1986, o Parlamento Europeo emitiu a Carta dos Dereitos do neno e da nena hospitalizado para reforzar a idea de que o dereito á millor asistencia médica posíbel constitúe un dereito fundamental. A celebración deste día foi unha iniciativa da “Federación Española de Padres de Niños con Cáncer” arroupados por diversas fundacións como Atresmedia, Adacadabra, Aladina, Menudos Corazones, Pequeño Deseo y Theodora, o hospital Gregorio Marañón de Madrid e a Asociación Española contra el Cáncer.

A iniciativa desta festividade consiste en recopilar bicos. No ano 2015 grabouse o primeiro vídeo no hospital Gregorio Marañón. Algúns rostros coñecidos que forman parte desta campaña anual son os actores e actrices Patricia Montero, Esmeralda Moya, Daniel Lundh, a cantante Conchita…

A xornalista e escritora galega Alejandra Plaza non podía faltar neste tipo de actos. Dende fai anos a cabanesa colabora activa e incansablemente coas diferentes fundacións, asociacións e hospitais coa finalidade de sumar sorrisos e achegar un pouco de aire fresco, positivismo e alegría a todos eses pequenos e pequenas durante a súa estadía no hospital.

“O Día Internacional dos nenos e nenas hospitalizados é unha xornada na que se trata de homenaxear e agradecer dalgunha maneira aos pequenos e pequenas valentes que loitan por manter a súa saúde, ás súas familias, aos profesionais que os tratan e a todas aquelas asociacións e persoas que fan a estancia nos hospitais máis levadeiras” declarou Alejandra Plaza

Este ano e, dende a Obra Social de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Alejandra Plaza movilizou a escolas, artistas, veciños....principalmente da Costa da Morte para promover esta iniciativa e, en forma de bico nuns vídeos elaborados con todas as aportacións, sumar sorrisos e homenaxear aos verdadeiros protagonistas, os pequenos grandes loitadores. O CRA A Nosa Señora do Faro, o CRA de Monterrei, o CRA de Vilaboa, o CRA Amencer, o CEIP As Revoltas, as aulas unitarias de Traba, Vimianzo, Camelle, Carantoña, Castromil, Xornes, CEIP El Puntal de Bédar, a vocalista de Luar na Lubre Irma Macías, a `poeta Yolanda Castaño, o grupo Brocken Peach, Woyza, membros da radio galega e da tvg como a súa directora María Solar, membros da plataforma embaixada.gal, O Combo Dominicano, Silvia Penide, médicos e enfermeiros espallados polo mundo, policías, do mundo do deporte son algúns das moitas participacións recibidas. 

“Estou enormemente agradecida pola achega de bicos. É por unha boa causa e con pouquiño podemos conseguir moito. Só podo decir, unha vez máis, grazas por acoller con tanta paciencia e agarimo as miñas peticións e propostas” manifestou a cabanesa.


 

Un conto

Non fallou á súa cita e mandou o seu conto, por suposto:

Alejandra Plaza colleitou bicos da Costa da Morte para o Día Internacional dos nenos e das nenas hospitalizados