Mariña Lema, a mestra cabanesa que lles dá Vitamina G ao seu alumnado da Coruña no LGx15
19 de xaneiro de 2026 (09:28 h.)
Que marabilla escoitar falar a Mariña Lema. Esta mestra cabanesa, despois de 2 anos en Laxe, cambiou a súa realidade lingüística pola do CEIP Sagrada Familia, na Coruña. Alí comprobou que a rapazada non estaba creando un galego de seu, que estaba sufrindo un déficit. E para iso creou a Vitamina G, un proxecto xa premiado, que está revolucionando a relación das crianzas herculinas coa nosa lingua.
No marco do Lx15, a campaña de charlas da Coordinadora de Servizos de Normalización Lingüística do país, Mariña ofrece esta charla espectacular sobre o seu proxecto, tomando como exemplos ás pequenas Emma e Lauren.
Máis novas
- "O CEIP Milladoiro demostra que é posible, necesario e desexable unha escola en galego".
- José Manuel Menéndez en Lx15: “En Galicia, no rural, a lingua maioriaria é o galego; os que falan en castelán están amoreados”.
- Ponte nas... Ondas encheu de tradición e lusofonía o IES Fontexería.