venres. 13.02.2026
El tiempo

Cee

Os Pataqueiros do Raíces, finalistas dun certame estatal de Ciencia e IA

A mocidade pasa máis de 2 meses sumerxidos nos teléfonos móbiles. É un dos crús datos que responde o estudio realizado por Adriana Casais Trillo, Ainoa Liñeiro Cambeiro, Fernando Santabaya Martínez e Pablo Santamaría Paz. Estes alumn@s de 4º de ESO do IES Agra de Raíces, realizaron un interesante investigación, cuio vídeo de presentación vén de ser seleccionado como finalista no concurso estatal da VI Gymkana de Ciencia de Datos, organizada pola Universidade Carlos III de Madrid (UC3M). Na súa categoría, os chamados "Paraqueiros do Raíces", competiron con máis de 50 institutos de toda España.

Na segunda fase do certame enfrontaranse a outros dous equipos, resolvendo diferentes retos de ciencia de datos nun evento presencial que terá lugar o próximo 21 de abril no Campus de Getafe da UC3M.

O alumnado, baixo a titorización da súa profesora do ámbito científico, Jenifer Espasandín Domínguez, elaborou un vídeo resumo cos resultados dun estudo estatístico sobre o uso da intelixencia artificial na adolescencia que eles mesmos deseñaron.

Entre as conclusións máis salientables do estudo destaca que case a metade do alumnado do IES Agra de Raíces emprega a IA para resolver dúbidas de índole persoal. En concreto, o 25 % dos adolescentes afirma preferir consultar dúbidas de carácter sexual á IA antes que a algunha persoa do seu contorno. Ademais, aproximadamente un 13 % recoñece recorrer á IA cando se sente só, mantendo interaccións semellantes a unha conversa de WhatsApp cunha persoa.

Os Pataqueiros do Raíces, finalistas dun certame estatal de Ciencia e IA