Presentan o documental "Banle, territorio esquecido"
25 de xullo de 2022 (10:13 h.)
A Asociación Boca de Sapo presenta o trailer do documental "Banle territorio esquecido" que se proxectará o vindeiro venres 29 de xullo ás 21: horas, na casa da Cultura da Ameixenda (Concello de Cee).
"Un documental no que se pretende poñer en valor territorios esquecidos que contan cun alto valor ecolóxico e un gran potencial económico si se xestionan de xeito sostible en harmonía coa natureza e ca paisaxe da nosa bisbarra".
Novas relacionadas
- A veciñanza de Ameixenda descobre a flora e fauna de Banle
- Vitor do Canteiro: Vento de futuro
- Vítor do Canteiro: Os Señores do vento.