Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Ameixenda descobre a flora e fauna de Banle

Flora na Ameixenda
Arriba á esquerda o Narciso amarelado; á dereita as Calzas de cuco; e abaixo a Arenaria dos montes, tres especies cazadas en Banle por Adán Gonçalves García
A veciñanza de Ameixenda descobre a flora e fauna de Banle

Ante a ameaza dos viraventos do Proxecto Eólico de Sembra, a veciñanza de Ameixenda, e da comarca, está en marcha para demostrar a necesidade de manter viva a nosa natureza. Temos lido os artigos de Vítor do Canteiro, ou do coñecido divulgador Francisco Santiago López, pero a campaña vai máis alá.

Esta pasada fin de semana, a Comunidade Ecosocial Boca de Sapo arrincou un novo proxecto: Un "Bioblitz” dos montes de Banle, enriba da Ameixenda. Os naturalistas chaman "Bioblitz” á realización dunha descuberta de flora e fauna da zona, un traballo de campo para descubrir as especies tanto vexetais coma animais existentes nun determinado ecosistema.

En Banle existe un “típico ecosistema formado por numerosos pozos de auga que descorren por unha zona esteparia de pouca pendente onde pastan libremente cabalos e vacas, e ungulados salvaxes coma os corzos, desbrozando de xeito natural a típica matogueira dos montes galegos composta principalmente de toxos e brezos”, explica Santiago.

Nesta “Bioblitz”, e asesorados por dous biólogos afeccionados á botánica e por unha técnica Superior en Paisaxismo e Medio Rural tamén afeccionada á botánica, poideron atopar varios tipos de plantas típicas das turbeiras e incluso alguna zona susceptible de se convertir nunha turbeira. “Banle tamén é unha zona lobeira onde se representa de xeito natural toda a cadea trófica dun típico ecosistema galego. Banle é un lugar dunha tremenda riqueza natural e paixasística que debemos cuidar e preservar”, explica.

Cabalos salvaxes nos montes de Ameixenda
Cabalos salvaxes nos montes de Ameixenda. Fotos de Francisco Santiago López

Esta foi a primeira das saídas, e coa colleita de imaxes que van ir colleitando pretenden realizar un pequeno documental que demostre a riqueza natural da zona.

A entidade agradece a laboura de silvopastoreo dun “ameixendán” que coidaba deste entorno coma se fose a súa propia casa: Aurelio Lestón Antón. “Aurelio que a terra che sexa leve. Boca de Sapo e os veciños de “Banle” agradécencho de corazón”, envían coma mensaxe.

Novas e artigos relacionad@s

Comentarios