Terra de Oportunidades: A Despensa D’Lujo, chícharos de Coristanco á Torre Eiffel
04 de decembro de 2025 (09:39 h.)
Tras coñecer polo miúdo o proxecto de moda de Ana Trasariz, cambiamos as máquinas de coser polos arados e imos coñecer de preto un dos proxectos gastronómicos máis potentes da nosa comarca, que serve de perfecto exemplo do potencial da Costa da Morte, o principal obxectivo da campaña “Tierra de Oportunidades 2025 – Costa da Morte”, unha iniciativa impulsada pola Asociación Costa da Morte - GDR co financiamento de CaixaBank.
Lucía e Jose rexentan unha das empresas que mellor teñen sabido trasladar a riqueza dos nosos produtos agrículas. Xa levan ano aproveitando a potencialidade das redes sociais, e a día de hoxe levan produtos como o máxico chícharo bágoa, ata os mellores restaurantes de Francia, Dinamarca… como á mesma Torre Eiffel.
Máis novas
- Terra de Oportunidades: Ana Trasariz, bolsos exclusivos dende Baíñas.
- 2025: La Despensa D´Lujo recibe o selo Galicia Calidade pola súa agricultura rexenerativa coa que produce legumes e produtos da horta.
- 2025: Coristanco, corazón da posta en valor do produto local de horta da provincia.
- 2020: Lucía Calvo, da Despensa D´Lujo: “As redes sociais son o escaparate para lle ensinar ós nosos clientes toda a vida que facemos nas leiras”.