Domingo. 28.11.2021
El tiempo

Lucía Calvo, da Despensa D´Lujo: “As redes sociais son o escaparate para lle ensinar ós nosos clientes toda a vida que facemos nas leiras”

O Celer de Can Roca, O Mugartzi ou O Noor, son algúns dos restaurantes galardoados a nivel nacional, que utilizan produtos de primeira calidade da Costa da Morte. Produtos como Legumes, patacas, verduras e hortalizas xerais, que La Despensa D’Lujo cría en Erbecedo, Coristanco, para levalas por toda a península.

Detrás desta empresa, que tamén leva a marca territorio Terra Atlántica como bandeira, atopamos a “Lucía e Jose”, naturais de Erbecedo e a Laracha. Falamos con Lucia Calvo Marrozos.

Despesa de Lujo-Terra Atlatinca
Lucía Calvo, da Despensa D´Lujo: “As redes sociais son o escaparate para lle ensinar ós nosos clientes toda a vida que facemos nas leiras”
  • QPC: Bueno, que tal Lucía. Cóntanos cando e como nace este proxecto de produción agrícola?

A Despensa D’Lujo forma parte dunha explotación agrícola tradicional, pois na miña familia fomos todos agricultores de toda a vida. A evolución prodúcese de forma abrupta fai mais de 5 anos cando a interactuación cos nosos clientes nos abocan a transformación. Polo tanto podemos decir que a Despensa D´Lujo é unha adaptación da agricultura tradicional aos novos tempos onde empregamos as redes sociais como o escaparate para lle ensinar os nosos clientes toda a vida que facemos nas leiras, como preparamos os cultivos e o resultado das nosas colleitas.

Somo produtores de pataca, como non podía ser doutra forma pertencendo o concello de Coristanco, pero cada vez nos estamos especializando no que nos gusta chamar produtos de autor, isto é a adaptación de produtos doutras zonas xeográficas a nosa fértil Costa da Morte. Así, o garbanzo bágoa, o gandul ou o guisante bágoa forman parte do I+D da nosa marca e que fan compaña os produtos tradicionais da casa coma o xudión, a alubia verdina, a alubia blanca entre otras.
O gandul é a más recente incorporación que, en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia, tentamos sacar adiante con resultados moi positivos, polo que esta campaña que entra tentaremos, pese as adversidades, incorporalo na despensa dos nosos clientes que xa tiveron oportunidade de traballar con el e obtiveron resultados moi gratificantes.

 
  • QPC: Cando foi ese punto de inflexión que vos empurrou?

O mes de marzo do 2020 marca un antes e un despois no camiño que toman os nosos produtos, pois damos un paso adiante gracias a interactuación dos nosos clientes hosteleiros que se viron na obriga de pechar os seus servicios e nos prestaron un importante escaparate cara os seus seguidores, foi o principal feito que nos levou a destinar a nosa produción cara os particulares, gracias aos cales, nestes momentos de incerteza podemos seguir coa nosa paixón, o coidado da terra.

 
  • QPC: Nótase que para vós a imaxe coidada que amosades, por exemplo a través do voso instagram, e o marketing é fundamental.

Entendemos que é a mellor maneira de que visualicen o arduo traballo que se desenvolve arredor do que van consumir e facelos participes do role play no rural.

 
  • QPC: Conseguides que a “calidade máxima” e “tradición” sexan case sinónimos? Fálanos dos vosos clientes? De onde son? Son máis particulares ou empresas? ?

Camiñamos cara a excelencia nos nosos produtos, seleccionando o mellor para os nosos clientes, tentando deste xeito poder ofrecer o mais destacado que produce a terra.  

  • QPC: Como se chega a empresas como o Celer de Can Roca ou Inditex?

Precisamente esta visión de calidade máxima permitiunos coñecer a cociñeiros especializados que demandan os nosos productos e traballar con eles na procura de novas referencias. Clientes coma o restaurante Mugaritz (galardonado coma un dos mellores restaurantes do mundo), o Celler de Can Roca (de sobra coñecido), o Noor de Paco Morales, La Bien Aparecida de Jose Manuel De Dios, Juanjo López Bedmar de La Tasquita de Enfrente, forman parte dos profesionais que confía no bo facer da Despensa D´Lujo. É o resultado da constancia e o boca a boca que levan a estes grades cociñeiros a se poner en contacto cuns pequenos produtores da Costa da Morte.

INDITEX é tamén unha empresa que aposta por nós, polo pequeno produtor, mercando na proximidade. Formamos parte con moito orgullo desde proxecto que favorece sen dúbida o comercio local e permite unha achega dos productos agrícolas por excelencia as grandes colectividades na procura sempre, e da súa man, da sostenibilidade do medio e co obxetivo de residuo cero.
Outros comedores escolares, como o dos Muíños ou o veciño CEIP Canosa Rus stán a contar con nos empregando productos de tempada e priorizando os productores locais.

 
  • QPC: Ligado con iso, por que apostastes pola marca territorio Terra Atlántica? que vos aporta ao proxecto?

Terra Atlantica, Costa da Morte é unha posta en común da zona na que nos encontramos, é unha representación de tantas empresas como hai nas súas comarcas e nós levamola con moito agarimo arredor de todo o territorio nacional representando as súas terras, dando fe da fertilidade que posúe e reflexando a humildade que nos caracteriza. É pois unha aposta polo noso, pola terra

 
  • QPC: Que cousas se poderían mellorar da nosa contorna para desenvolver un proxecto como o voso?

Podes imaxinar que traballamos todo por internet, con particulares, con clientes… e estar por exemplo todo un día sen internet é como volver aos tempos da escola…

 

Novas de Terra Atlántica

comentarios