mércores. 03.12.2025
El tiempo

Vimianzo

Terra de Oportunidades: Ana Trasariz, bolsos exclusivos dende Baíñas

Presentáronse esta semana no auditorio de Baio os vídeos do proxecto “Tierra de Oportunidades 2025 – Costa da Morte”, unha iniciativa impulsada pola Asociación Costa da Morte - GDR co financiamento de CaixaBank. O encontro reuniu a preto de 50 persoas, entre emprendedores, representantes institucionais e veciñanza interesada no desenvolvemento rural.

Ademais dunha pequena mesa redonda sobre como achegarse ás axudas, o momento central da xornada foi a proxección dos vídeos do proxecto Tierra de Oportunidades 2025, seguida dunha breve presentación dos seus protagonistas: Ana Trasariz, Casa da Marola, Despensa D’Lujo, Espazo Nature e Lar de Canedo. Os participantes compartiron as súas experiencias e reflexionaron sobre a importancia da innovación e do emprendemento no rural.

Imos repasando ao longo da semana cada un dos vídeos creados, en QPC. Comezamos por Ana Trasariz, deseñadora de bolsos de Baíñas (Vimianzo), que con liño e encaixe de Camariñas, está a crear uns produtos de máxima exclusividade.

Terra de Oportunidades: Ana Trasariz, bolsos exclusivos dende Baíñas