Xoves. 22.10.2020
El tiempo

Costa da Morte

Un vídeo de educación sanitaria para a comunidade senegalesa

A comunidade senegalesa na Costa da Morte é moi ampla. Sabemos a cantidade de xente que vive en vilas mariñeiras como Camariñas, Fisterra, Carnota ou mesmo Carballo que traballa no mar, e que tamén forma parte do noso Fútbol da Costa. De aí que a nova creación audiovisual en materia de prevención realizada pola ONG Ecodesarrollo Gaia sexa de interese para a nosa comarca.

A organización herculina vén de realizar un vídeo de educación sanitaria sobre medidas básicas de hixiene e prevención do coronavirus, dirixido aos senegaleses e senegalesas, moitos deles cun dominio aínda moi básico do español, polo que os vídeos son moi sinxeliños e teñen unha introdución na súa lingua, o wolof.

Son dúas as médicas protagonistas facendo eses vídeos, unha delas Alicia Barreiro Cambeiro, médica de Baio que xa coñecemos de sobra e que fixo un vídeo de prevención semellante para a nosa veciñanza.

Novas relacionadas

Un vídeo de educación sanitaria para a comunidade senegalesa