"Para Kepa" presentarase no Festival de Cans
A relación de Keka Junquera coa Costa da Morte é moi especial. Dende aquela máxica noite de 2010 con Pazos de Merexo no Couto, pasando pola visita a Merexo de 2013, ou as escapadas durante 2017 e 2018
Foi no Bela Fisterra onde o cantante euskaldún realizara a última das súas presentacións antes de sufrir un ictus. E foi no Bela Fisterra, onde volvía ao ruedo das presentacións, xusto un 28 de abril de 2023, despois de anos de rehabilitación e adaptación á súa nova realidade.
Por iso, dende o hotel literario fisterrán queren renderlle unha homenaxe co proxecto “Para Kepa”. Este que vemos é o teaser do videoclip que se estreará no Festival de Cans o 22 de maio á tardiña.
No video poderemos velo interpretando unha peza orixinal dedicada, xunto a Nestor Fidalgo á pandeireta: Para Kepa, e tamén ao noso Fernando Fraga, virtuoso do acordeón de piano, non da trikitixa.
Tamén teríamos que falar da aportación artística en forma de escultura de Guille Lourido, natural de Corcubión e afincado en Asturias. Unha enorme escultura de Kepa, trikitixa en man, que Kepa vía en directo por primeira vez ese día. Xunto a Kepa e Guille, Alfonso Pato, do Festival de Cans, Xurxo Souto, Antonio Nodar, Sindo Novoa, a familia do amigo Pazos de Merexo, e moitos amigos que non quixeron perderse a volta de Kepa a Galicia.
Visitas de Kpea Junquera
- 2023: Kepa Junquera presentou o seu libro-documental na comarca.
- 2017: Kepa Junquera, namorado da “enerxía especial única” da Costa da Morte.
- 2013: Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo.
- 2010: Máxica noite Kepa Junquera e Pazos de Merexo no Couto.