Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Kepa Junquera presentou o seu libro-documental na comarca

Kepa Junkera no Bela Fisterra-Foto-Antonio Nodar
Kepa Junkera no Bela Fisterra-Foto-Antonio Nodar
Kepa Junquera presentou o seu libro-documental na comarca

Emotivísima visita a que protagonizou esta fin de semana Kepa Junquera na Costa da Morte. O artista vasco volveu pola comarca algo cativo de saúde tras ter superado un ictus, pero cunha cabeza maxistralmente conducida. Como o demostra o seu novo libro e documental, “Berpitzu”, que quixo presentar na nosa comarca.

Fíxoo primeiro no lugar onde realizara o seu último concerto, celebrado o 18 outubro do 2018 no Bela Fisterra, en compañía do aínda vivo Pazos de Merezo nunha das súas clases maxistrais de acordeón acompañado de amig@s.

O sábado 29 fixo sesión doble. Estivo pola mañá nos cinemas de Xunqueira (Cee) presentando tamén o documental, e pola tarde noutra das súas casas na comarca: o Couto (Ponteceso) da man da Fundación Eduardo Pondal e Ponteceso Cultura Permanente.

No libro-documental, Kepa está arroupado por máis de 40 artistas nunha viaxe emocional, desde os seus comezos ata decembro do ano 2018, data na que desapareceu dos escenarios tras ter sufrido un ictus severo. O periodista e musicólogo Joseba Martín vén recollendo todo o material feito e crearon unha xoia escrita e outra audiovisual.

Adrian Varela entregoulle un deseno a Kepa Junkera
Adrián Varela entregoulle unha ilustración moi simbólica a Kepa Junkera

Novas relacionadas

Comentarios