Kepa Junquera, namorado da “enerxía especial única” da Costa da Morte


Volveu. Porque Kepa Junquera, un dos acordeóns máis coñecidos da música folk internacional, está absolutamente namorado da Costa da Morte. Deixara unha máxina noite na aldea gala do Couto, e quedara definitivamente prendado da nosa bisbarra en 2013 cando coñeceu a Pazos de Merexo.
Precisamente a visita ao acordeonista máis famoso da comarca foi unha das paradas obrigatorias. Pazos e Kepa volveron fotografiarse e charlar despois da colaboración do muxián no disco “Galiza” que sacou o vasco en 2013.
Kepa fixo parada no Bela Muxía, onde Pepe, Anxo e Celia fixeron de inmellorables hóspedes. “Disfrutou como nunca da verdadeira Costa da morte”, destacou o propio Anxo Castro, que compartiu con el varias tardes. “Ademais, estou seguro de que vai volver, porque quedou enganchado. Xa quedara prendando de cando estivo con Pazos, ao que visitou outra vez, e desta volta non quería marchar, custoulle marchar pola sinxela razón de que estaba tranquilo, contento”, comenta un dos mellores anfitrións da Costa da Morte.

Pero fixo moitas máis visitas, por exemplo estivo con Musical JR tocando as súas artesanais pandeiretas. Estivo comprobando o perigosísimo traballo dos percebeiros da zona (na foto o vemos con Sergio, fillo dun percebeiro muxián), e tamén visitou o cabo da fin da terra. “De visita en la Costa da Morte… sin lugar a dudas una zona con una energía muy especial y única... Graciñas por tanta hospitalidad y generosidad... Aupa Galiza!!!”, recoñecía o propio Kepa nas redes sociais.
Esperamos por velo, nalgún acto público musiqueiro, nas vindeiras datas.
Novas relacionadas
- 2013: Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo.
- 2010: Máxica noite con Kepa Junkera e Pazos de Merexo no Couto.
Máis artigos relacionados
- Viki Rivadulla: Pazos de Merexo.
- Xurxo Souto: Pazos de Merexo, o mestre do acordeón diatónico da Costa da Morte.
- 2015: Muxía rende unha sentida homenaxe ao gran Pazos de Merexo.
- 2015: Pazos de Merexo xa ten o seu disco.
- 2010: Duelo de acordeóns interxeracionais en Muxía.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).