Pepe de Olegario xa ten a súa pegada no paseo de Sardiñeiro
26 de xuño de 2024 (08:10 h.)
Fermosa homenaxe a ofrecida onte polo pobo de Fisterra a un dos eternos patróns da vila do Cristo. O Concello inauguraba, co gallo do San Xoán, patrón de Sardiñeiro, a carta náutica doada por José López Redonda, máis coñecido como Pepe de Olegario, instalada no paseo de Sardiñeiro, o lugar onde naceu o 25 de maio de 1941.
Un dos seus mapas artesanais de naufraxios que xa son un icono da Costa da Morte.
Debullaba a rexedora Área Domínguez, veciña do lugar, como para o pobo de Sardiñeiro Pepe de Lajario é toda unha lenda do mar fisterrán, dende os 13 anos enrolado, e recollendo os sucesos que acontecían no noso mar.
Máis novas
- Pepe de Olegario: "Recuperar os barcos afundidos na nosa costa é un bo un atractivo para os turistas”.
- Os mapas de naufraxios de Pepe de Oleghario. Uns verdadeiros tesouros.
- Pepe de Oleghario: “A riqueza no mar está aquí”.