Pepe de Oleghario: “A riqueza no mar está aquí”
Xa temos falado dos seus grandes tesouros en forma de mapas de naufraxios. Non hai moito, David Lourido, de Páxina81, parou por Sardiñeiro, en Fisterra, para falar con un dos homes que máis sabe de mar de toda Galicia, e deixarnos así este vídeo na súa sección das As Bondades da Fala.
José López Redonda, sempre coñecido como Pepe de Oleghario, móntanos no seu barco para levarnos nunha viaxe marítima dende os seus comezos. Un home que comezou no mar moi cedo, pero que se decatou que estudiar era importante, “mesmo” para ser mariñeiro. Sempre tivo moitos amigos, incluso cando os seus mapas dos pecios eran un valioso segredo para coñecer as zonas de boa pesca. Todos lle preguntaban, todos lle informaban dos naufraxios que atopaban por todo a costa galega para que Pepe os fose anotando.
Ten verdadeiras xoias en papel, auténticos tesouros, que locen en centos de establecimentos e casas da Costa da Morte. Para cando un bo museo con toda a súa sabedoría?
Novas relacionadas
Máis entrevistas en As Bondades da Fala
- Mimadriña: “Moita xente pequena, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos…”.
- Adrián Varela: “Non cremos o suficiente na nosa zona”.
- Formando o futuro da Costa: De proxectos culturais e educativos.
- “Algún día poderei dicir que son palestino e libre ao mesmo tempo”.
- Ramón Vigo (II): “O sumario da Operación Orquesta é infumable”.
- Ramón Vigo (I): “Hai imputacións que son autenticamente surrealistas”.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Martín Varela: “Para a Xunta non son deportista de alto nivel”.
- A Cubela: “Ao meu pai, tivéronlle medo ata de morto”.
- Luar na Lubre: “A música tradicional é a nai de todas as músicas”.
- Luar na Lubre (II): “A Costa da Morte é unha paixón”.
- Nacho Castro: “Sen os voluntarios…, morremos”.
- Fran Caamaño: “Chegarei ata onde a ilusión e os militantes do PSOE queiran”.
Fonte
- David Lourido, de Páxina81, para QPC (davidlourido@quepasanacosta.gal).
