Os mapas de naufraxios de Pepe de Oleghario. Uns verdadeiros tesouros
Xa son míticos os mapas deste patrón. Establecimentos de media Costa da Morte tiveron a ben mercarlle un dos tesouros que o bo de "Pepe de Oleghario" fai a man. José López Redonda deixou o seu barco "Jordi" no porto de Sardiñeiro pero nunca deixou a mar, e agora é coñecido como o gran Rexistrador de naufraxios.
A súa sabedoría dos fondos mariños e da historia dos naufraxios en toda Galicia, e a súa destreza ca pluma, permítelle realizar estas xoias en forma de mapas. Son os mellores mapas de naufraxios que haia en Galicia, e sen embargo non forman parte de ningún museo, máis alá do Castelo de San Carlos onde o bo de Alexandre Nerium amosa con cariño estes tesouros aos visitantes. Mentres seguiremos esperando eternamente polo Museo subacuático da Costa da Morte que xa desboutou a Xunta, a pesar da infinita riqueza dos nosos fondos mariños.
Pepe de Oleghario ten recollidos máis de 1.000 naufraxios en toda Galicia, aproximadamente a metade na Costa da Morte. Precisamente foinos descubrindo a base de ler moito, pero sobre todo de ir á pesca. Os peixes sempre buscan acubillo nos pecios, e por iso, atopar un era unha riqueza, non só cultural, senón económica.
El, que sabe, pode transformar a súa experiencia e os seus descubrimentos en mapas, en datos. Non coma outros milleiros de mariñeiros que a pesar de saber tanto coma el levaron os seus coñecementos ao cadaleito. El quere deixar o seu legado, e o seu legado, aos seus máis de 70 anos, son estas alfaias marítimas.
Longa vida a este bravo mariñeiro.
Outro home de mar
Deixamos tamén este vídeo de Enrique da Fabriqueira, de Caldebarcos, que tamén sabe a mar:
Novas relacionadas
- Non ao Museo subacuático da Costa da Morte.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”? Un estudio de Rafael Lema.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Costa da Morte, marco perfecto para o Necroturismo.
- Violíns nocturnos para homenaxear o naufraxio do Serpent.
- As anécdotas de 454 naufraxios na Costa da Morte nun libro.
- O Naufraxio de Laxe celebrou a súa declaración como Festa de Interese Turístico con máis emoción que nunca.
- Lema Suárez estréase coa súa primeira novela de piratas “Costa do Solpor”.
- 4 novos tesouros en forma de pecios na augas da ría de Corcubión.
- Pepe do Fieiro: "Dicían os nosos vellos...".
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Vídeos de Robinson da Lobeira.
- El País: El registrador de naufragios.
- ABC: PROYECTO FINISTERRE de Arqueoloxía submariña.
- Paisaxe Costa da Morte.