Fermosa homenaxe a ofrecida onte polo pobo de Fisterra a un dos eternos patróns da vila do Cristo. O Concello inauguraba, co gallo do San Xoán, patrón de Sardiñeiro, a carta náutica doada por José López Redonda, máis coñecido como Pepe de Olegario, instalada no paseo de Sardiñeiro, o lugar onde naceu o 25 de maio de 1941.
Un dos seus mapas artesanais de naufraxios que xa son un icono da Costa da Morte.
Debullaba a rexedora Área Domínguez, veciña do lugar, como para o pobo de Sardiñeiro Pepe de Lajario é toda unha lenda do mar fisterrán, dende os 13 anos enrolado, e recollendo os sucesos que acontecían no noso mar.
