Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fútbol da Costa

O Baio bota ao Fisterra da Copa

 

Puido o Baio con todo un Fisterra. A pesar da mala temporada dos dous equipos, o Platas Reinoso acollía un ambiente espectacular para recibir ao actual campión, no partido adiantado dos Dezaseisavos da Copa da Costa. Pero os de Félix, malia ter feito este pasado domingo un horrible partido no final da liga de 1ª, puxo todo para eliminar ao equipo de Kali.

Un Dezaseisavos que xa teñen tamén outro equipo que pasou sen xogar: o Sofán. Ao rival do cadro da Preferente tamén lle fixeron xogar en mércores 17, e o Buño non dou xuntado xente polo que o cadro carballés pasa directo a Oitavos.

Baio - Fisterra (3-1)

  • Baio: Iván Fraga, Pablo Rod., Norberto, Peke, Pablo Dom., Aitor Vilas, Pazos, Santiso, Bieito, Braian, MC. Tamén: Bruno, Aday, Hugo, Josiño e Iván Rod.
  • Fisterra: Cote, Juan, Breixo, Lobelos, Aarón Dom., Andrés Vigo, Mario, Luisete, Mauro, Alex e Adrián Makaay. Tamén: Lois, Juan Trillo, Martín Canosa, Ángel, Guille.
  • Goles: 1-0, m.6: Brian; 2-0, m.55: Pablo Domínguez; 2-1, m.67: en propia; 3-1, m.83: Aitor Vilas nunha contra.

Primeira parte onde pasados primeiros minutos de máis empurre verde, o Baio asentouse e mediante bo xogo combinativo conseguiu desaxustar ao rival. Pronto se adianataban os blanquiazuis por medio de Braian e o marcador puido ter sido maior.

Saíu o Fisterra mandón na segunda, pero había nerviosismo e o balón non rodaba en ningún dos dous equipos, con idas e voltas nas dúas áreas. Pablo Dom. facía o segundo, pero pronto o Fisterra recurtaba e se metía de cheo no partido. Eran minutos de empurre fisterrán que tivo varios córners, chegadas... pero unha gran contra permitiu ao cadro baiés sentenciar.

O Baio bota ao Fisterra da Copa