Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fútbol da Costa

#QPCtv: Sae Antón Lestón, entra Adrián do Regenco

Emocionante foi o relevo que vivimos no Jesús García Calvo durante a retransmisión do SD Negreira - Soneira SD. Antón Lestón ten que deixar os mandos do equipo de locutores, pois vai dar un novo paso na súa carreira xornalísitica. Quixemos lanzarlle un vídeo de agradecemento e de sorte que o emocionou xunto con Óscar Leis e Santi Caamaño, e Alberto Pose.

E aproveitamos o momento para que lle dera o relevo a Adrián do Regenco. O monologuista cabanés será a voz de QPCtv a partir do vindeiro domingo, no Cee-Montelouro.

#QPCtv: Sae Antón Lestón, entra Adrián do Regenco