Así traballan os medios nos incendios forestais de Ponteceso
- [Última hora, martes 5 ás 09:00]: Está extinguido desde as 23.17 horas de onte o incendio do concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Cospindo, que finalmente afectou unha superficie de 245,38 hectáreas
Desde as 23.32 do domingo permanece estabilizado outro incendio neste mesmo concello, parroquia de Brantuas, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 170 hectáreas.
Está xa controlado desde as 20.09 de onte o lume forestal da parroquia da Graña, tamén en Ponteceso, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de preto de 100 hectáreas
--- --- --- --- --
Xa pasan das 24 horas dende que comezou o incendio do Couto e Balarés. E o que puido nacer fortuitamente, ao longo da tarde e da noite complicouse, nacendo outros 2 ata 3 focos, todo en zona de longos eucalitais. Os medios, aéreos e terrestres, non descansan, como podemos ver nas imaxes.
Así, ás 19:00h do domingo, os tres incendios seguen activos, e as superficies afectadas son as seguintes:
- #IFCospindoPonteceso (polo Couto, Balarés…): máis de 200 hectáreas de superficie afectada.
- #IFBrantuasPonteceso (Faro, Brantuas…): máis de 140 hectáreas afectadas.
- #IFGrañaPonteceso: a superficie afectada supera xa as 100 hectáreas.
Ao mediodía rexistrábase un novo foco en Cores, pero semella que non foi a máis, pois Medio Rural
Mentres, moita tensión en Corme, pois están rodeados e para saír da vila están sendo escoltados pola Garda Civil, por momentos cando abren a estrada de Brantuas, quedando pechada polo de pronto a de Corme a Ponteceso polo Couto. Os cormeláns enchendo os tractores e as cisternas, mentres van librando dun fume que empurrado polo nordés, foi envolvendo nunha nube gris vilas do sur como Laxe, Camariñas e mesmo Muxía.