luns. 04.08.2025
El tiempo

Ponteceso

Así traballan os medios nos incendios forestais de Ponteceso

Xa pasan das 24 horas dende que comezou o incendio do Couto e Balarés. E o que puido nacer fortuitamente, ao longo da tarde e da noite complicouse, nacendo outros 2 ata 3 focos, todo en zona de longos eucalitais. Os medios, aéreos e terrestres, non descansan, como podemos ver nas imaxes.

Así, ás 19:00h do domingo, os tres incendios seguen activos, e as superficies afectadas son as seguintes:

  • #IFCospindoPonteceso (polo Couto, Balarés…): máis de 200 hectáreas de superficie afectada.
  • #IFBrantuasPonteceso (Faro, Brantuas…): máis de 140 hectáreas afectadas.
  • #IFGrañaPonteceso: a superficie afectada supera xa as 100 hectáreas.

Ao mediodía rexistrábase un novo foco en Cores, pero semella que non foi a máis, pois Medio Rural

Mentres, moita tensión en Corme, pois están rodeados e para saír da vila están sendo escoltados pola Garda Civil, por momentos cando abren a estrada de Brantuas, quedando pechada polo de pronto a de Corme a Ponteceso polo Couto. Os cormeláns enchendo os tractores e as cisternas, mentres van librando dun fume que empurrado polo nordés, foi envolvendo nunha nube gris vilas do sur como Laxe, Camariñas e mesmo Muxía.

 

Así traballan os medios nos incendios forestais de Ponteceso