Medulia convoca a VII edición do Premio de Poesía Eduardo Pondal
01 de abril de 2025 (22:19 h.)
Volve a cormelá Diana Varaela, responsable da Editorial Medulia, lanzar o Premio de Poesía Eduardo Pondal, que chega xa á súa 7ª edición. Unha cita que segue co afán de estimular a creatividade literaria e de honrar a figura do autor do Himno Galego, e que busca relevo a poetas como Manuel Vázquez, fañador do ano pasado, ou Andrea Maneiro, gañadora do 2023.
Estas son as bases:
- 1.- Poderán concorrer todas as/os autoras/es que o desexen, con obras de temática libre, escri tas en lingua galega, agás os premiados/as en edicións anteriores.
- 2.- Dos textos, que deberán ser orixinais e inéditos, presentaranse cinco copias en soporte papel, tamaño A4, cunha extensión mínima de 400 e máxima de 1000 versos, letra Times New Roman, tamaño 12.
- 3.- Os traballos presentaranse de xeito anónimo, incluíndo na primeira páxina o título e un lema ou pseudónimo. No interior dun sobre pechado, no que externamente serán visibles o título e o lema, achegarase: nome completo, enderezo, telefone, copia do D.N.I, e breve currículum. Asemade reproduciranse os elementos identificativos, título e lema.
- 4.- As obras enviaranse por correo postal, facendo constar no sobre “CERTAME LITERARIO. VII PREMIO DE POESÍA EDUARDO PONDAL”, antes do 7 de maio de 2025, ao seguinte enderezo: MEDULIA EDITORIAL, CAIXA DE CORREOS 1320, 15007 A CORUÑA.
- 5 Establécese un premio consistente en diploma acreditativo, pergameo, e a obra única e orixinal dun recoñecido artista galego, cuxa reproducción será tamén a capa que levará o volume galardoado.
- 6.- A obra gañadora será editada por Medulia Editorial (rúa Menéndez Pidal 4 da Coruña), recibindo o autor/a premiado/a, un total de 20 exemplares. 7
- 7.- O xurado, constituído por membros de recoñecido prestixio, fará pública a súa decisión coincidindo co Día das Letras Galegas do ano 2025.
- 8.- No caso de posteriores edicións, farase constar que a obra foi premiada neste certame.
- 9.- Os orixinais non premiados devolveranse aos seus autores/as sempre que se solicite no prazo dun mes a partir do ditame.
- 10.- A interpretación destas bases corresponde en exclusiva ó xurado, sen que en ningún caso, sexan recurribles as súas decisións.a
Outras novas de Poesía
- 2024: Manuel Vázquez leva para Lugo o VI Premio de Poesía Eduardo Pondal.
- 2023: Medulia entrega hoxe o IV Premio de Poesía Eduardo Pondal a Andrea F. Maneiro.
- 2022: Xosé de Cea, gañador do V Premio de Poesía Eduardo Pondal.
- 2020: O II Premio de Poesía Eduardo Pondal marcha para Noia.
- 2019: A xalleira Carme Caramés estrea o Premio de Poesía Concello de Ponteceso Eduardo Pondal.