O alcalde de Santa Comba confirma varios positivos por coronavirus
18 de marzo de 2020 (20:28 h.)
Hoxe o alcalde de Santa Comba, ante a pouca información que temos a nivel comarcal, e despois dos primeiros dous casos rexistrados en Fisterra vén de anunciar que a vila xalleira sofre varios casos de positivos por coronavirus
O alcalde quere enviar tamén un mensaxe de tranquilidade, sinalando que as persoas afectadas están illadas nas súas casas, mantendo todos os protocolos e mantendo un seguemento do Hospital Clínico de Santiago. Así mesmo pediu que se manteñan as precaucións, agradeceu a colaboración da oposición, pediu tranquilidade e cautela e deixou constancia do Test sobre o Coronavirus que abre online o SERGAS.
Novas sobre o Coronavirus
- Santa Comba tamén abre un servizo de voluntariado e contra a soidade.
- Piden facer “vida normal” ante unha falsa alarma de coronavirus nunha excursión de estudantes de Santa Comba.