Venres. 23.10.2020
El tiempo

Un fisterrán, o primeiro positivo por coronavirus na Costa da Morte

O fisterrán deu positivo no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee
O fisterrán deu positivo no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee
Un fisterrán, o primeiro positivo por coronavirus na Costa da Morte

Esta noite de sábado confirmouse o primeiro caso de positivo por coronavirus na Costa da Morte. Un fisterrán, chegado dunha excursión do IMSERSO en Barcelona daba positivo no Hospital Virxe da Xunqueira, onde quedou ingresado e illado, despois de activar o protocolo.

O paciente xa estivera o pasado mércores, nada máis chegar, no centro hospitalario ceense, pero o mandaron para casa asegurando que se trataba dunha gastroenterite, unha vez que Barcelona aínda non era  zona de risco, e non presentaba unha clínica clara (tiña diarrea e ata estes días non se descubriu que tamén inflúe), e polo tanto non se lle podía facer a proba.

Ao continuarlle a febre, chamaron ao teléfono de atención 900 400 116 (ata 300 chamadas tiveron que facer para que o atendesen) ata que esta madrugada do venres ao sábado o 061 chamou de volta. Achegouse ao HVdX onde lle fixeron a proba e deu positivo.

A familia, que se mantivo o máis illada dende que comezaron as sospeitas, manteñen nas súas casas cumprindo as normas de illamento que xa nos afectan a toda a poboación.

Ao chegar dunha excursión do IMSERSO, a parella de ceenses que os acompañaron na viaxe en coche tamén están en corentena.

Todas as novas do Coronavirus

comentarios