Martes. 02.06.2020
El tiempo

Piden facer “vida normal” ante unha falsa alarma de coronavirus nunha excursión de estudantes de Santa Comba

Os alumnos da excursión a Italia volverán mañá á normalidade no IES Terra do Xallas
Os alumnos da excursión a Italia volverán mañá á normalidade no IES Terra do Xallas
Piden facer “vida normal” ante unha falsa alarma de coronavirus nunha excursión de estudantes de Santa Comba

Non chegou o coronavirus á Costa da Morte. É falsa a alarma que se está xerando en Santa Comba, ante un posible caso dun estudante que voltaba dunha excursión. A veciñanza ergueuse este domingo e este luns moi alterada pero dende o IES Terra de Xallas chaman á calma e tanto a dirección do centro como dende a Consellería de Sanidade intentaron calmar ás familias cunha charla onde o mandato era directo: “Vida normal”.

A alarma provouse na volta da excursión duns 50 rapaces do centro este pasado sábado, de pasar unha semana en Florencia e Roma. O avión no que viaxaban tivo que esperar dúas horas para despegar do aeroporto de Madrid, cara Santiago, porque un dos rapaces tiña febre.

Activáronse os protocolos e baixaron ao rapaz do avión para facerlle a proba. Proba que deu negativo e o rapaz puido voltar ao día seguinte a casa.

Ante a alarma xerada na vila, o director do IES decidiu pedirlle ás familias que este luns non enviasen aos 50 [email protected] ao centro, pero si convocaron unha reunión con todas as familias e os responsables da Consellería de Sanidade. A consigna era clara, e é a mesma que aparece en todos os protocolos: “Facer vida normal”.

Dende o Sergas lémbrase que a Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto. Así mesmo, en caso de ter síntomas (tos, febre ou dificultade respiratoria), recoméndase que non acuda directamente ao hospital nin ao centro de saúde senón que contacte telefónicamente co 061.

Screenshot_20200309_161523

comentarios