Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo

Queima “prescrita” nos montes de Vimianzo

Este pasado 8 de abril, unha comitiva da Xunta de Galicia acompañados pola UTA da Consellería do Medio Rural, achegouse polos montes da comarca Soneira para realizar unha “queima prescrita”. Unha acción formativa e de prevención, que serviu de aprendizaxe para alumnos e alumnas da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra e para o curso do “título oficial de piloto profesional de drones europeo” da empresa Aerocamaras.

Varios colectivos ecoloxistas lamentan que estas queimas se realicen en plena primavera, en plena “época de cría de fauna”, nunha zona de toxeira que podería acabar sendo ocupada por especies pirófitas como o eucaliptos. “Hai alternativas materiais, técnicas e humanas para evitar o uso e abuso do lume, débense xestionar os ecosistemas e os montes de maneira sustentable”, destacan varios colectivos ecoloxistas da comarca.

En calquera caso, os profesionais forestais entenden que se ben non é a mellor época (pola cría), é complicado facelas en xaneiro e febreiro, que serían os meses ideais, pola cantidade de chuvia que caeu.

Queima prescrita nos montes de Vimianzo 2Queima prescrita nos montes de Vimianzo

Queima “prescrita” nos montes de Vimianzo