Aantena, a través das artes escénicas reinicia o percorrido realizado en 2018 por Cereixo, achegándose a Soesto en Laxe e Lendo en A Laracha. Unhas representacións realizadas baixo a dirección de Xosé Leis e a dramaturxia de Bernardino Martínez, os artistas son Manu Fernandez (como Rei Afonso), Iago Espasandín (como o Escribán), Yaqui Fateira, Virginia Bermúdez, Andrea Rodriguez (como Lavandeiras), Isabel de Toro e Tamara Mouzo (como Labradoras) e Lupe Blanco (Cantar de Cego).
A sesión arrincaba no lavadoiro do Pazo de Serantes, coa entrada a cabalo do rei, e o encontro coas lavandeiras.
A comitiva desprazouse á Igrexa de Lendo, na Laracha. A través do cantar de cegos, Afonso V de Galicia narrara os acontecementos da súa vida e a súa infancia, así como da súa estadía no mosteiro de Moraime (Urraca – Conde de Traba) e a Alianza e coroamento de Afonso VII (Conde de Traba – Xelmírez).