Sábado. 18.05.2024
El tiempo

A Copa da Costa non entende de categorías

Ponteceso-Baio da Copa-Foto-Luis Gonzalez
Imaxe do Ponteceso-Baio da Copa-Foto-Luis González
A Copa da Costa non entende de categorías

Tremenda competición a Copa da Costa. Chegaban os Cuartos de final con 4 enfrontamentos entre equipos de 2ª contra equipos da 1ª e da Preferente. E saltou a sorpresa, teórica, en 3 dos campos. Só o Dumbría puido co Mazaricos, despois de remontar un gol en contra, mentres que Fisterra (1ª), Sofán (Pref.) e Baio (1º) caeron en Arliña, A Grixa e o Pinguel, respectivamente. Outra demostración de que esta senlleira competición non entende de categorías.

Muxía - Fisterra (1-1)

Copa da Costa en Arlina
Copa da Costa en Arliña

Fermoso, intenso e moi igualado derbi en Arliña. Adiantouse o Fisterra nun gol en propia meta pero pouco despois Hugo Haz facía o empate antes do desconto. A tensión mascábase a cada pase, tendo o cadro muxián a mellor ocasión nun penalti que Joselu lle parou a Fran Moreira, ademais doutras paradas de calidade. Ao final a sorte dos penaltis a que decidía.

Así foi a quenda de penaltis en Arliña, que deu o pase ao Muxía gracias ao último tanto de Rati, e a dous fallos dos xogadores fisterráns, que mandaron fóra.

Porteño - Sofán (1-1)

11 do Porteno na Grixa na Copa-Foto-Parker
11 do Porteño na Grixa -Foto-Parker
11 do Sofan na Grixa na Copa-FotoParker
11 do Sofán na Grixa na Copa-FotoParker

Tremendo o do campo da Grixa. O gran favorito, un Preferente que leva semanas sen xogarse nada na Liga, centrados en repetir o título da Copa do ano pasado, caeu no mítico campo da Ponte do Porto.
Adiantábase no treito final o cadro carballés despois dunha hora de xogo igualado por medio de Fita, pero unha contra permitía a Alan igualar o choque.

”O Porteño foi o xusto vencedor da eliminatoria. Intensos, gañadores de duelos e con ameazas nas transicións”, recoñece Pablo Torreira. "Hoxe a Copa é bonita, porque perdiu o Sofán, contra un equipo de inferior categoría, si a gañase... diríamos que non debería xogala. Por eso hai que darlle o valor real que ten gañar unha competición tan bonita coma esta, xogues en Preferente ou en 3ª Galicia”, apunta moi acertadamente o adestrador do cadro carballés. 
"Estou nunha nube", recoñecía Cousillas ao remate do choque.

Sofan-Porteno na Grixa-Foto-Jose Campana
Sofan-Porteño na Grixa-Foto-Jose Campaña

Así o celebrou a grixa o penalti gañador (ao 9º) de Rodri, no vídeo de Jose Campaña. Jose Mariolo foi un dos heroes da tarde, parando 3 penaltis. 

Mazaricos - Dumbría

Oscar Santos no Mazaricos-Dumbria de Copa
Óscar Santos dirixiu o Mazaricos-Dumbría de Copa

Partido de poder a poder no Pino do Val, sen un dominador, con dous equipos propoñendo fútbol. Tras unha hora de xogo adiantouse o cadro amarelo por medio de Chiki, pero o Dumbría non tardou en responder e Dani Chao empataba 5 minutos despois. Volta a empezar con 20 minutos por diante, nos que o único que acertou foi Miller, cun tanto que dá o pase ás semis ao cadro dumbriés, que quedaría coomo gran favorito se nesta mesma eliminatoria non demostrase que esta competición non entende de categorías.

Ponteceso - Baio (1-1)

11 do SD Ponteceso na Copa-foto-Luis Gonzalez
11 do SD Ponteceso na Copa-foto-Luis González
11 do CD Baio no Pinguel-Foto-Lus Gonzalez
11 do CD Baio no Pinguel-Foto-Lus González

Tampouco o Baio puido con outro equipo da Liga da Costa. Saíron mellor os visitantes aínda que a primeira oportunidade foi para os locais a pes de Iván Rodríguez que escorou moito remate. Pero a manixa era dos baieses, claros dominadores, cun bo remate de MC como mellor ocasión. A volta do descanso o Baio puxo o 0-1 nunha xogada de estratexia executada de maneira excepcional e gol de Pablo Rod..

Alberto Recarey e Bieito no Ponteceso-Baio da Copa-Foto-Luis Gonzalez
Alberto Recarey e Bieito no Ponteceso-Baio da Copa-Foto-Luis González

Co 0-1 o Ponteceso non lle quedaba máis que ir arriba na busca do empate. Os locais cambiaron de sistema e empezaron a chegar máis aínda que con pouca claridade xa que non acababan de rematar a portería. Nos últimos minutos co partido xa aberto definitivamente Bieito puido facer o 0-2 definitivo ante un Damián que empezaba a ser determinante. A expulsión de Chechi e a chamada a arrebato local levaron o empate o marcador por medio de Ángel no minuto 87. Chegaron así uns últimos minutos con máis emoción ca xogo na búsqueda da resolución definitiva. Así chegouse tanda de penaltis na que o Ponteceso foi máis preciso nos lanzamentos e debaixo da porteria con un Damián inconmensurable, sendo tamén Ángel protagonista marcando o último dos seus.
Gracias Luís González polo vídeo.

 

Os cadros actualizados en tempo real en www.copadacosta.

O PALMARÉS DA COPA DA COSTA

Comentarios