Sábado. 27.04.2024
El tiempo
A Laracha

Percorrendo con Aantena o roteiro histórico do derradeiro rei do Reino de Galiza

Este domingo 17 de marzo desenvolveuse unha ruta histórica tremendamente singular entre Laxe e A Laracha. O grupo artístico Aantena dirixe un roteiro histórico polos pasos da ruta que realizou rei Afonso VIII de Galicia no verán de 1223, no marco dun proxecto apoiado pola Deputación. A compañía recupera a historia derradeiro rei do Reino de Galicia, o rei Afonso VIII de Galicia, aínda que coñecido como Afonso IX de León, que deixara asinado documentos e doazóns a mosteiros, e realizou en varias etapas o camiño entre Santiago e A Coruña.

Aantena, a través das artes escénicas reinicia o percorrido realizado en 2018 por Cereixo, achegándose a Soesto en Laxe e Lendo en A Laracha. Unhas representacións realizadas baixo a dirección de Xosé Leis e a dramaturxia de Bernardino Martínez, os artistas son Manu Fernandez (como Rei Afonso), Iago Espasandín (como o Escribán), Yaqui Fateira, Virginia Bermúdez, Andrea Rodriguez (como Lavandeiras), Isabel de Toro e Tamara Mouzo (como Labradoras) e Lupe Blanco (Cantar de Cego).

A sesión arrincaba no lavadoiro do Pazo de Serantes, coa entrada a cabalo do rei, e o encontro coas lavandeiras.
A comitiva desprazouse á Igrexa de Lendo, na Laracha. A través do cantar de cegos, Afonso V de Galicia narrara os acontecementos da súa vida e a súa infancia, así como da súa estadía no mosteiro de Moraime (Urraca – Conde de Traba) e a Alianza e coroamento de Afonso VII (Conde de Traba – Xelmírez).

Percorrendo con Aantena o roteiro histórico do derradeiro rei do Reino de Galiza