Martes. 07.05.2024
El tiempo

Unha Semana escolar no Medievo

Unha Semana escolar no Medievo
O CEIP RIcardo Tobio no Medievo O CEIP RIcardo Tobio no Medievo

Que interesante a actividade plurianual que vén realizando o CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro (Muros) nos últimos anos. A implicación da ANPA, dos mestres e dos responsables da Biblioteca, é clave para conseguir que o centro faga unha auténtica viaxe no tempo. Despois de pasar pola Prehistoria e a Idade Antiga, este curso tocaba a época medieval, e durante a semana pasada o colexio fixo o seu “Paseo pola historia”.

A actividade ten un claro carácter interdisciplinar e integrado, é dicir, en relación co proxecto trabállanse todas as áreas e todas as competencias. Durante o curso cada aula investiga sobre un aspecto desta época histórica. Por exemplo, en infantil están a traballar sobre a vida nos castelos, en 5º sobre os vikingos, en 4º a arte na idade media, en 6º sobre o feudalismo…

Pero ademáis deste traballo que se fai nas diferentes aulas, o colexio ambientouse acorde a época e convidouse as familias a participar elaborando castelos. Deste xeito, no centro hai unha exposición de castelos impresionante, máis de 45, moitos deles feitos con material de refugallo e aos que non lle falta detalle. Esta exposición de castelos completouse con unha mostra de oficios tradicionais (ferreiro, canteiro, carpintería,...) e obxectos antigos.

 

Talleres

Por outra parte, esta semana organizaronse varios talleres. O martes foi o gran día con talleres de danza, escritura e xogos medievais. Estes talleres fixéronse de maneira rotatoria e por grupos mixtos: de infantil a sexto. Tamén por grupos, e como un taller máis, visitaron toda exposición e ata pasaron por un photocall.

Logo tiveron unha merenda medieval organizada polas familias con comidas propias da época (empanadas, empanadillas, roscas, filloas, pan con mel, con manteiga, uvas,…) Despois do recreo as familias visitaron a exposición de castelos e a mostra de oficios e obxectos antigos.

O mércores, tocaba un taller de barro grazas á colaboración do centro ocupacional de Valadares ao que asistiu o alumnado de infantil, primeiro e segundo curso. E o venres, houbo taller de cestería, tamén impartido polo centro ocupacional de Valadares para o alumnado de cuarto a sexto, onde fixeron unhas tenebrosas arañas.

Taller de Cesteria na Semana Medieval do CEIP de Esteiro Taller de Cesteria na Semana Medieval do CEIP de Esteiro

Cita cabalar

Visita Equestre de Outes ao CEIP de Esteiro Visita Equestre de Outes ao CEIP de Esteiro

Outra das itas máis esperadas polos cativos foi a chegada da Estivada Ecuestre de Outes con cabalos e ponis. O alumnado, por ciclos, foi a ver os cabalos e os máis atrevidos montaron neles. Este día, nenos, mestres e familias colaboradoras viñeron vestidos acorde a época medieval.

As familias están implicándose moitísimo e a ANPA está colaborando activamente. Agradecemos enormemente toda esta colaboración, e tamén a prestada por entidades locais como a Estivada Ecuestre e ADISBISMUR. (Encantaríanos que estes ultimos agradecementos aparezan na vosa nota de prensa)

Podedes atopar máis información, fotos e algún vídeo no blogue da biblioteca www.bibliotecamestreagrelo.wordpress.com, onde o centro muradán agradece a implicación do ANPA e a colaboración de entidades locais como a Estivada Ecuestre e ADISBISMUR.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios