A nova sucursal de QPC en Bergantiños


Poeta, presentador radiofónico, articulista… Este bergantiñán non para, e agora temos o pracer de anunciar que amplía a súa colaboración co dixital QPC, convertíndose na sucursal de QPC en Bergantiños. Óscar de Souto será o reporteiro de guerra na comarca de Pondal, facendo que as novas bergantiñás cheguen máis rápido ao xornal.
Un Óscar de Souto que quere reivindicar de paso a necesidade do voluntariado neste país. “Onde iría este mundo sen voluntarios”. E lembra que non temos que ir moi lonxe para comprobalo. Camiño dos Faros, Encaixe, Mar de Fábula… Ou as radios irmandadas da Costa da Morte, Radio Roncudo e radiONeria nas que o bravo poeta tamén colabora. “Cómpre agradecer a todos os voluntarios que fan posible que a roda siga xirando”.
Xa saben, poden atopalo nas radios costeiras, así como dinamizando os grupos de Facebook Goleta e a Grupo A Costa Verdescente. E dende xa, na comarca bergantiñá de QPC!