A obra de teatro Eroski Paraíso percorre a Costa da Morte

08:09 06/10/16
https://vimeo.com/159483347
Eroski Paraíso, a última obra de teatro do Grupo Chévere, está de visita estes días pola Costa da Morte. A obra - protagonizado por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira - estreouse en Muros o pasado mes de marzo. Precisamente nesta localidade se desenvolve a obra, xa que é o lugar no que se volve a atopar unha parella - despois dunha longa separación - para participar na gravación dun documental dirixido pola súa filla. Así repasarán a transformación que sufriu a discoteca Paraíso, lugar no que se coñeceran por casualidade - para converterse nun supermercado da cadea Eroski.
Vimianzo
A obra do Grupo Chévere chegará este sábado, día 8, á casa da Cultura de Vimianzo dentro da programación de outono artellada polo concello. A función comeza ás 21:30 horas e o custe da entrada é de 5€ para o público en xeral e de 2,5€ para maiores de 65 anos e estudantes.
Mazaricos
O sábado seguinte, día 15, a casa da Cultura da Picota será o novo escenario do Grupo Chévere para interpretar Eroski Paraíso.
As entradas - que son de balde - están limitadas, polo que se estarán dispoñibles a partir do vindeiro luns, día 10, nas oficinas xerais do concello de Mazaricos.
FIOT 2016
Eroski Paraíso tamén estará no FIOT de Carballo. A función será o vernes 21 de outubro, ás 21 horas. O custe da entrada é de 10€ e pódese mercar a través da plataforma Ticketea ou en taquilla o propio día da función.
Novas relacionadas

- Teatro, música e monólogos para o outono vimiancés
- 34 espectáculos no menú das vodas de prata FIOT
- Chévere estrea en Muros a súa nova obra de teatro “Eroski Paraíso”
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)