2ª FUTGAL: O Porteño asalta o liderato nunha Liga extremadamente comprimida
Envorco importante na clasificación da Liga da Costa. Conseguía vencer, só contra o final, o Porteño ao filial do Sofán, e aprovetou o novo tropezo do San Lorenzo (levan 4 partidos sen gañar os carballeses, e caían no campo do que viña como pechacancelas) para asaltar o liderato. Suma 6 vitorias e un empate nos últimos 7 partidos o cadro de Mayor, que se coloca cun punto de vantaxe sobre o propio San Lorenzo e sobre o Xallas, que no partido da xornada vencía en Baio. Ábrese precisamente aí, entre os tres primeiros e o Baio e o Outes, unha fenda de 5 puntos.
Noutra cousa (na Copa), xa está pensando o Malpica, que caeu ante o Corme no segundo derbi da semana.
Tremendo como está a parte baixa implicando a todos os equipos na pelexa por evitar o descenso. Porque os 4 últimos puntuaron, con 3 vitorias para Mazaricos (ante o líder), Monte Louro (ante o Corcubión) e Muros (en Cabana) e o Zas empataba en Outes. Véndense moi caros os dous postos de descenso e os máis posibles un, dous ou tres de arrastres, polo que nin o propio Cabana (7º) pode relaxarse, que está a apenas 8 puntos do descenso.
Ponteceso - Soneira (1-1)
- Ponteceso: Darío, Eloy Trigo, Juanjo, Pedro, Luca, Dani Rod., Hugo Insua, Mario, Alberto Recarey, José Ramón e Eloy Álvarez. Tamén: Damián, Adrián Ures, Neira e Teo.
- Soneira: Brais, Cristian, Gusa, Adrián, Brais, Nico, Oreiro, Pichi, Richi, Vía e David LP. Tamén: Brais Lema, Maikol, Cachi, José Antonio, Jesús.
- Goles: 0-1, m.8: Adrián Canosa; 1-1, m.91: Neira.
Enfrontábanse nesta mañán dominical o Ponteceso SD e o Soneira no Pinguel. Ámbolos dous equipos necesitados de puntos nesta liga tan apretada. Chegaba o Ponteceso mermado de efectivos: ata 3 xogadores sancionados o domingo pasado obligaron a Jorge a tirar man dos juvenís, claves no empate. Comezaba o partido e o ceo caía sobre a cabeza dos pontecesáns: unha fermosa volea de Adrián no minuto 8 pola escuadra de Canosa adiantaba aos vimianceses, para máis inri, dous xogadores caían lesionados muscularmente, o que obligou a tirar man de xogadores dos xogadores de recambio. Polo outro lado o Soneira controlaba o ritmo cun Ponteceso agazapado, que tivo ocasións nos pés de Pedro ou Hugo, ambos tiros dende a frontal, pero que non lograban conectar. O Soneira chegou a protestar un gol por fóra de xogo, argumentando que un xogador local se encontraba lesionado rompía a línea, pero o resultado mantívose inalterable ata o descanso.
Na segunda parte o partido cambiou. Forzados pola situación adversa, os pondalianos enchéronse de coraxe e comezaron a atacar as costas a través duns incisivos Jose Ramón e Daniel Rodríguez, pero o gol non chegaba: unha falta, varios tiros de Eloy, un cabezazo de Mario por centímetros... polo outro lado o Soneira atacaba os espazoss que deixaba o Ponteceso á ofensiva pero non era capaz de rematar o partido: dous paus un de Brais, un tiro de Richi e dous paradóns de Darío mantiñan o equipo a flote que buscaba a épica... e chegou. Xa avisara antes José Ramón nun centro que non encontrou rematador, pero no minuto 90, este logra desfacerse do seu par e centrar para que o balón tropece nas pernas de Neira e entre na portería ante a mirada misericordiosa do dianteiro, logrando o empate e salvando un valioso punto para os locais e deixando con cara de parvos aos soneiráns.
Outes - Zas.(1-1)
- Outes: Dani, Claudino, Hugo Sieira, Sanchiño, Eloy, Adrián Caamaño, Romarís, Martín, Hugo Caamaño, Keko. Tamén: Rubén, Carlos, Torea, Ramón e Brais.
- Zas: Pereiras, Anxo, Moha, Urbieta, Pablo, Álvaro, Estefan, Ronny, Redondo e Andrés. Tamén: Iván, Martín Novo, Iago e Darío.
- Goles: 0-1, m.15: Urbieta de penalti; 1-1, m.31: Adrián Caamaño de penalti.
O Sporting Zas e o Outes repartiron puntos nun encontro importantísimo para as aspiracións de ambos equipos, sobre todo para os primeiros. O Zas chegaba ademais moi condicionados polo desgaste acumulado do xoves na Copa da Costa, un factor que se notou especialmente nos ritmos do partido e na capacidade para soster tramos longos de intensidade por xogar Xoves e Domingo.
O encontro comezou con moito ritmo e co Outes levando a iniciativa nos primeiros compases. O conxunto visitante mostrouse moi dinámico en ataque, xerando as ocasións máis claras do inicio, aínda que tamén deixou sensacións de fraxilidade atrás. Ao cuarto de hora chegou unha acción clave: Keko internábase na área e pide penalti tras ser arrollado por un defensa. O colexiado non pita nada e na contra, si que sinala un penalti a favor do Zas e expulsión dun xogador do Outes, Martín Caamaño. Urbieta aproveita para transformar a pena máxima e adiantar aos zasenses e deixar cun home menos o Outes.
Co 1-0 e cun home máis, o Zas parecía ter o escenario ideal para controlar o partido, pero non foi quen de administrar esa vantaxe. O Outes non se descompuxo, mantivo o ritmo e continuou atacando con determinación pese á inferioridade numérica. Ao redor da media hora, esa insistencia tivo premio cun penalti claro que permitiu aos visitantes igualar o marcador, deixando o 1-1 que xa non se movería antes do descanso. Ata o intermedio, houbo chegadas nas dúas áreas.
Tras a reanudación, o Outes volveu saír mellor e protagonizou un arreón nos primeiros minutos da segunda metade, no que dispuxo das ocasións máis claras para poñerse por diante. Porén, faltoulles acerto no momento decisivo e o marcador resistiu. A partir do primeiro cuarto de hora, o encontro foi baixando de pulsacións: o cansazo, o control e a prudencia foron gañando peso, e o partido entrou nunha fase máis trabada, con poucas ocasións claras e moita disputa no medio campo, pero cuia vitoria puido ter caído de calquera dos dous lados.
Cabana - Muros (2-4)
- Cabana: Diego, Samu Leis, Mario, Noé Eiroa, David, Julián, Noé Souto, Migueliño, Nando, Brais e Pablo Pose. Tamén: Manu Nantón, Ferreiro, Aarón, Yeray e Marco.
- Muros: Aitor, Juan, Oscar, Ra, Benji, Jesús, Tajes, Alon, Fran, Alex e Xavi. Tamén: Marcos, Iván, Sanadrés.
- Goles: 0-1, m.20: Xavi; 1-1, m.26: David Rey de penalti; 1-2, m.47: Alex; 2-2, m.48: Brais Fontenla; 2-3, m.76: Fran; 2-4, m.94: Benji.
Partido tenso, ao que os de Joaquín Quintáns chegaba con moitas baixas. Os cabaneses non estiveron cómodos dende o principio, ante un cadro muradán que saía moi forte, e meténdose pronto por diante tras un gol anulado a Noé por fóra de xogo. Pero reaccionaban os de Óscar Mingui e empataban pronto.
Arrincaba tola a segunda co col de Alex para os muradáns e o de Brais para os locais. Chegaban aí os mellores momentos dos cabaneses que puideron poñerse por diante con ocasións de Brais, Pablo e Migueliño, pero aí estivo Aitor para salvar aos seus. Aparecía Fran, cun golazo dende 30 metros, para poñer en vantaxe aos muradáns, e aí faltaron folgos nos locais, que non puideron apretar, e Benji á contra cos locais envorcados, sentenciaba no desconto para conseguir 3 puntos que valen ouro.
Malpica - Corme (0-1)
- Malpica: Suso, Saúl, Anxo, Pablo, Garci, Brais, Lou, Cristian, Martín, Aday e Chicha. Tamén: Joel, Fran, Luis, Chucho e Isaac.
- Corme: Adrián Suárez, Hugo Paredes, Eloy, Aitor, Álvaro, Brais Pailos, Lucas, Borja Torrado, Teo, Isra e Samu Costa. Tamén: Quique, Mauro, Rubén, Senén e Xoel.
- Gol: 0-1, m.82: Rubén.
Derbi repe, despois do xogado o xoves na Copa. Unha copa que pesou, e o Malpica sobre todo estaba fisicamente mal e non conseguía chegar á área rival. Os cormeláns estiveron máis intensos durante 35 minutos, con moito ritmo e levando o peso do partido, tendo algunha ocasión pero sin acerto. Os locais tiveron algunha nese último treito da primeira metade por medio de Aday e Garci pero sen fortuna.
A segunda parte máis do mesmo, algunha chegada máis do Corme que do Malpica pero sin esa sensación de perigo. Nunha contra moi rápida Rubén rompía a igualada. Aí tocaba xuntar liñas no bando de Ángel, ante un Malpica que asumiu o balón pero sen poder crear perigo.
Baio - Xallas (1-2)

- Baio: Rodri, Bruno, Pablo, Norberto, Pazos, Josiño, Mamadou, Miki, Gabín, Damián, Cheti. Tamén: Julián, Javi, Chechi, Manu Vila, Nando.

- Xallas: Iván Couto, Makareno, Yago Facal, Dani Barbeira, Alberto, Rubén Blanco, Rubén Sande, Doro, Bryan, David e Sergio Barbeira. Tamén: Iker, Martín, Pablo Landeira, Adrián Couto, Elvis.
- Goles: 0-1, m.29: Bryan; 1-1, m.37: Cheti de cabeza a centro de Gabín; 1-2, m.42: Bryan a centro de Sergio Barbeira.
Partidazo o vivido no Platas Reinoso con dous aspirantes a todo. Saía Doriño algo máis arriba, cun Rubén Sande entrando ben por banda, tendo control con bo ritmo de balón, ante un Baio moi firme, xogando moi ben tamén, pero que está tendo erros grosos arriba e abaixo.
Adiantouse o Xallas nun regalo dos baieses, pero pronto reaccionaron os baieses cun fermoso tanto tras unha xogada combinativa. Antes do descanso aínda deu a defensa local outro regalo que entre Sergio Barbeira e Bryan non desaproveitaron.
Algo máis replegado saíron os xalleiros na segunda, cedendo o balón, ante un Baio que a favor de tempo disputou toda a segunda metade en campo contrario. O Xallas ameazaba timidamente con algún tiro dende fóra de Peke ou Doro, pero os de Diego Lobelos tiveron ocasións diversas nos pés de Cheti, Mamadou ou Chechi, que tivo un man a man moi claro que salvou Iván Couto cunha doble intervención espectacular. Soubo sufrir o chaparrón baiés o equipo xalleiro que ademais vía como o porteiro Rodri foi expulsado nunha das últimas xogadas por unha falta como último home tras enredarse co balón. Gran satisfacción no bando xalleiro e importante baixón por Baio por levar 3 partidos merecendo máis.
Mazaricos - San Lorenzo (3-1)
- Mazaricos: Ángel, Luís Mayán, Borja, Sergio, Fran Landeira, Yeray, Marcos, Álvaro, Marito, Kevin e Molinos. Tamén: Steven, Samu Lema, Gesto, Pablo Romero e Pablo Pena.
- San Lorenzo: Mario, Lozano, Alberto Campos, Pablo Garrido, Alex Vázquez, Hugo Pereiro, Diego, Iago, Alex Taibo, Javi Pérez e Marcos Corral. Tamén: Javi Souto, Cotelo, Hugo Canedo, Pape.
- Goles: 0-1, m.13: Taibo de volea; 1-1, m.36: Marito; 2-1, m.74: Álvaro; 3-1, m.76: Kevin.
Partido de moita necesidade para o bando local, que demostra o tola que está a Liga da Costa: outro líder que cae no campo do pechancelas. Foi un choque de eficacia ademais, pois a pesar de dispoñer de máis ocasións, o SanLo non foi quen de transformalas, mentres que o conxunto local mostrouse moito máis efectivo nas poucas chegadas que tivo.
O encontro comezou ben para os de Verdillo, que se adiantaron no minuto 12 cun gran gol de Taibo, que conectou unha volea para poñer o 0-1. O Mazaricos soubo repoñerse e Marito empatou para o Mazaricos tras un balón ás costas da defensa antes do descanso.
Na segunda metade, o guión non mudou, o Sanlo seguiu xerando ocasións pero non finalizaba, atopándose unha e outra vez cunha defensa moi intensa e cun gran Ángel París na meta loca. Foi no último cuarto de hora cando o equipo de Raúl Periscal rompeu o partido con dous goles case consecutivos, o segundo con algo de fortuna.
O San Lorenzo intentouno ata o final, buscando recurtar distancias, pero non foi quen de atopar o gol ante un Mazaricos aguerrido e necesitado que soubo amarrarse á vitoria.
Monte Louro - Corcubión (2-1)
- Monte Louro: Pedro, Pablo, Rodri, Pais, Héctor, Adrián, Flavio, Abel, Luismi, Javi e Xián. Tamén: David, Rapante.
- Corcubión: Bruno, Fuentes, Andrés, Íker, Martín, Nando, Mario, Coté, Luís Lojo, Iago, César Lojo. Tamén: Rama, Trillo, Alex, David Lojo e Nico.
- Goles: 0-1, m.66: Mario; 1-1, m.72: Xián tras un barullo; 2-1, m.89: Xián de penalti
Heroica vitoria, de fe, do cadro loureán nun ateigado Agra da Filgueira. Chegaba Bibi con só 2 cambios e un que tivo que facer aos 10 minutos de partido. Transcorría a primeira metade sen moito xogo bonito, pero moita entrega e loita.
Marcou o equipo de Ángel e Isi na segunda, e aí tiveron varias para sentenciar, cunha boa contra de César ao pau, e mesmo cun un gol anulado a Iago por unha suposta man tras un barrullo nun córner.
Avanzaban os minutos e o Louro púxolle máis gañas, e conseguíu remontar, cun tanto de Xián tras outro barullo na área, e cun penalti no final.
Porteño - Sofán B (4-2)
- Porteño: Joel, Rodri, Pablo, Álvaro, Martín, Gabriel, Baba, Alfredo, Sandelo, Bruno e Carrabete. Tamén: Brais Nión, Pejo, Brais Mouzo, Alan, Yuyo.
- Sofán B: Eloy, Diego, Iván, Asier, Mateo, Rubén, Dani Calvete, Isma Ramos, Nacho, Dani e Cristian. Tamén: Darío, Marcial, Eloy Cabeza, Adrián Vázquez.
- Goles: 0-1, m.6: Bruno; 2-0, m.12: Bruno; 1-2, m.37: Rubén; 2-2, m.56: Rubén; 3-2, m.80: Baba ; 3-2, m.89: Pejo.
Partido moi competido e disputado, bonito e con alternativas. Adiantábanse moi pronto os de Mayor con 2 goles de Bruno, un deles de penalti. Pero non se viron abaixo os carballeses ante todo un cadro da Ponte, e pouco a pouco foron estirándose, avisando cun cabezazo de Iván e un man a man de Isma, e aproveitando un desaxuste defensivo para recurtar antes do descanso por medio de Rubén.
Saíron mellor os de Zalo na segunda, ante un Porteño algo relaxado e Rubén empataba. Aí o filial tovo os seus mellores momentos, tratando de coller ás costas con moitos balón por arriba, e xerando ocasións por medio do propio Rubén, Iván ou o propio Isma Ramos.
A entrada de Pejo, resultou crucial para defender eses balóns ás costas, mentres que o Porteño mantiña sempre a baza do balón parado. Nun saque de banda longo Baba facía o terceiro. Tivo aí unha Adrián Vázquez que salva Joel, e xa case que no desconto, o propio Pejo faría o cuarto.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.23: O Monte Louro asalta Verdillo e volve a comprimir a táboa por arriba e por abaixo.
- X.22: Táboas.
- X.20: O Soneira frea ao San Lorenzo no Irmandiño.
- X.19: O San Lorenzo escapa e aprétase o segundo vagón.
- X.18: Está tola esta Liga da Costa.
- X.17: O SanLo estira unha táboa que se comprime por abaixo.
- X.16: O pinchazo dos de arriba apreta a táboa.
- X.15: Tolemia de goles para acabar a primeira volta.
- X.14: A ritmo da Hypertensión.
- X.13: O Malpica bate ao San Lorenzo e pecha o ano no liderato
- X.12: O Malpica bate ao Xallas en Fontenla.
- X.11: Os David puideron cos Goliat.
- X.10: Igualdade máxima.
- X.9: O Baio vence ao Xallas e o Malpica toma o mando no Cairo.
- X.7: O Mazaricos frea ao Xallas.
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información<
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com
