Luns. 06.05.2024
El tiempo

Ana Pontón, a nova portavoz do BNG, visita Fisterra

Ana Pontón, a nova portavoz do BNG, visita Fisterra
Ana Pontón anuncia que pedira no Parlamento a construcción dun novo dique de abrigo no porto de Fisterra Ana Pontón anuncia que pedira no Parlamento a construcción dun novo dique de abrigo no porto de Fisterra Pouco despois de tomar posesión do seu novo posto como portavoz do BNG - Bloque Nacionalista Galego - Ana Pontón realizou onte unha visita institucional a Fisterra. Durante a súa visita, Pontón anunciou que levará á Cámara galega a construción dun novo centro de saúde e dun contradique de abrigo no Porto de Fisterra “que non sexa de xoguete”. “Fisterra ten un centro sanitario de segunda con graves problemas de espazo e de accesibilidade. O investimento en sanidade debe ser unha prioridade, e os espazos nos que se atende as persoas enfermas deben estar coidados e en condicións dignas”, subliñou Pontón tras a visita ao centro de saúde e comprobar in situ as dificultades de acceso, - con rampla e escaleira -, que un ascensor desde a casa do Concello non logra paliar. Neste sentido, o BNG vai pedir a Xunta no Parlamento a construción dun novo centro de saúde, en colaboración co concello, máxime agora que o PXOUM entra na recta final con dispoñibilidade de terreos para esta infraestrutura sanitaria. “Ten que haber un compromiso firme para dotar a Fisterra dun centro de saúde á altura do que xa dispoñen outros concellos do país”, indicou a dirixente do Bloque. Contradique de abrigo Outra das prioridades que a deputada levará ao Parlamento é a solicitude ao goberno de Feijóo de garantir que o proxecto para a construción dun contradique no porto fisterrá responde ás demandas do sector pesqueiro. “O que non tería ningún sentido e facer un contradique de xoguete que aos poucos meses de ser construído sexa varrido polo mar bravo desta costa da morte”, argumentou Pontón, “o que se precisa é un contradique que sexa unha solución real aos problemas de inseguridade dos barcos”. Igualmente, a deputada nacionalista considera “moi grave” falta de colaboración de Portos de Galicia co concello, cando se reclama un deslinde da zona portuaria “que permita devolverlle ao pobo de Fisterra os espazos públicos que non son necesarios para a actividade portuaria, en concreto toda a zona vinculada á actividade de hostalería a través das terrazas dos locais de restauración, un espazo cuxa titularidade e xestión debería pasar a mans municipais”. Mercado local Xoan Carlos Sar e Teresa Fernández acompanaron a nova portavoz do BNG durante a súa visita a Fisterra Xoan Carlos Sar e Teresa Fernández acompanaron a nova portavoz do BNG durante a súa visita a Fisterra Acompañada de Xoán Carlos Sar e Teresa Fernández, a portavoz nacional tamén visitou a praza de abastos para coñecer de primeira man o proxecto de rehabilitación que promove o BNG desde o goberno local para este mercado municipal, co obxectivo de que actúe como revulsivo para o comercio de proximidade e venta de produtos da zona, en particular do mar, pero tamén como espazo para desenvolver actividades culturais. “É un sinal de identidade da política municipal do Bloque apostar polo comercio de proximidade, neste caso coa reforma do mercado que é tamén unha reforma innovadora porque incluiría na planta superior un espazo para albergar actividades culturais que dinamicen e aporten calidade de vida á veciñanza de Fisterra”, explicou Pontón tras coñecer o proxecto. Nesta visita, a portavoz nacional tamén mantivo reunións con representantes do sector pesqueiro, incluído un encontro co patrón maior na lonxa da confraría, Manuel Martínez Escarís, e con armadores da vila. Todos coincidiron en reclamar un reparto de cotas de pesca máis xusta para a frota galega. O nomeamento da nova portavoz do BNG causou varias baixas no partido; unha delas, a de Carlos Aymerich. Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, asegurou tras a XV Asamblea Nacional do Bloque que se celebrou en febreiro que o BNG deixou fóra a moita xente. Novas relacionadas Fonte

Comentarios