Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Adxudicadas as obras de mellora da DP-0513 de Pontemuíños a Caión

DP 0513
Adxudicadas as obras de mellora da DP-0513 de Pontemuíños a Caión

A estrada que conecta Arteixo e A Laracha, a DP-0513, sufrirá en breve unha importante reforma en clave de seguridade. A Deputación vén de adxudicar por 201.964 euros unhas obras que permitirán mellorar a seguridade nesta vía, que conta cun elevado tráfico de vehículos pesados debido á súa proximidade a unha canteira.

Os traballos, que comezarán en breve, realizaranse entre os puntos quilométricos 1+490 e 4+740, onde se levará a cabo o fresado e reposición das zonas deterioradas e de entronque con outras vías ou entradas a parcelas e o extendido dunha capa de mestura bituminosa en quente.
Ao longo do período de execución do proxecto (tres meses) manterase o tráfico rodado na vía, que sempre contará cun carril habilitado para os desprazamentos.

Comentarios