Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Aula Mentor da Laracha ofrece 200 cursos formativos online

  • O Concello ofrece unha acción formativa para desempregados de 468 horas para o primeiro trimestre
Aula Mentor laracha
A Aula Mentor da Laracha ofrece 200 cursos formativos online

Desde hai xa máis dun ano está en funcionamento no edificio administrativo da Laracha a Aula Mentor, o programa de formación en liña non regulada, flexible e con titorización persoal promovido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Aula Mentor conta cun extenso catálogo de máis de douscentos cursos cos que ampliar as competencias tanto persoais como profesionais. Todos eles débense facer en liña e nos horarios que cada usuario estime oportuno como alternativa á rixidez propia dos sistemas educativos convencionais. 

Para facilitar a realización dos cursos, o Concello ten a disposición da cidadanía unha aula no edificio administrativo da Laracha co equipamento informático preciso e cunha administradora presencial que axuda e orienta ao alumnado en todo o proceso desde a matriculación ata o remate da formación. O horario de apertura da Aula Mentor da Laracha é de 11:30 a 13:30 os luns, mércores e venres.

Información e inscrición

As persoas que desexen ampliar información sobre o catálogo de Aula Mentor, matricularse ou empregar a aula de informática municipal para realizar os seus cursos pode facelo presencialmente acudindo ao edificio administrativo da Laracha (Avenida Fisterra, 60), vía telefónica no 669963094, a través da web https://aulamentor.alaracha.gal/ ou na páxina de Facebook de Aula Mentor da Laracha.

Acción Formativa

A Laracha acollerá unha acción formativa dirixida a desempregados (AFD) centrada na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, cunha subvención de 44.000€ da Xunta.
O procedemento de selección tanto do persoal docente como do alumnado iniciarase nos próximos días.
O plan formativo constará dun total de 468 horas a impartir en 88 días lectivos -previsiblemente, de luns a venres en horario matutino-, que ademais da materia específica inclúen tamén dous módulos transversais: un sobre igualdade de xénero e outro relacionado coa formación para a igualdade, a inserción laboral
e a sensibilización medioambiental.
Esta acción formativa desenvolverase nunha aula-taller do edificio administrativo da Laracha que foi homologada polo Concello para actividades destas características. A previsión do é poder iniciala no primeiro trimestre do vindeiro ano 2023.

Comentarios