Venres. 26.04.2024
El tiempo

Autocine e Samain invanden A Laracha

  • Última hora: O Autocine foi aprazado pola previsión meteorolóxica
Autocine Laracha
Autocine e Samain invanden A Laracha

A praza Olonne sur Mer da Laracha acollerá este sábado a proxección do filme Jumanji: The Next Level en formato autocine familiar. Trátase dunha comedia de aventuras do ano 2019, a segunda entrega da franquicia Jumanji, dirixida a todos os públicos e protagonizada por Dwayne Johnson, Jack Black, Kevin Hart e Karen Gillan. O pase principiará ás 21:00 horas. O acceso permitirase desde media hora antes, sendo a entrada gratuíta e sen necesidade de reserva previa ata completar a capacidade máxima do recinto.

Obradoiro de Samaín

E as actividades non paran. O vindeiro venres 29 de outubro, entre as 17:00 e as 20:00 horas o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte situado no Igrexario de Golmar acolle un Obradoiro de Samaín dirixido a nen@s de entre 6 e 12 anos. Haberácontacontos na lareira do museo, proxección de sombras na aula escura, elaboración de colares de castañas, baleirado de cabazas e moitas sorpresas durante toda a actividade.
As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición cubrindo de balde o formulario on line.

Comentarios