Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os cadros intuitivos de XMÑ xa locen no Centro Sociocomunitario de Caión

Os cadros intuitivos de XMÑ xa locen no Centro Sociocomunitario de Caión

Ata o 18 de febreiro estará aberta, no Centro Sociocomunitario de Caión, a exposición de pintura intuitiva "De alma a alma" de Maribel Castiñeira. A artista local, que firma con "XMÑ", referido á súa residencia en Xermaña, na parroquia de Caión, amosa unha vintena de cadros que nacen do instinto.

Explicou o proceso creativo, e como no momento de empezar a pintar non ten unha idea previa sobre as cores que empregará nin cal será o produto final, senón que pretende plasmar o seu estado de ánimo nese instante concreto.

Foi a pandemia a que lle achegou máis e máis á arte, a través dunha sobriña que traballara profesionalmente en varias galerías de arte, e que lle abriu as portas da á practica do Hoʻoponopono, unha tradición hawaiana dirixida á resolución de problemas interpersonais.

O horario de visita no centro sociocomunitario de Caión é de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres.

Comentarios