mércores. 04.03.2026
El tiempo

A caionesa Carmen Suárez Canedo, nova centenaria da Laracha

Centenaria- 100 aniversario Carmen Suárez
A caionesa Carmen Suárez Canedo, nova centenaria da Laracha

Carmen Suárez Canedo, veciña de Xermaña (parroquia de Caión), celebrou o seu 100 aniversario rodeada do cariño da súa familia na casa na que naceu o 28 de febreiro de 1925 e na que continúa residindo a día de hoxe.

Carmen Suárez desenvolveu toda a súa vida en Caión, onde sempre residiu. Dedicouse á agricultura e ao coidado do fogar, atendendo ás súas dúas fillas, Herminia e María Fernanda —con esta última convive actualmente—, así como ao seu pai e a un dos seus irmáns. É avoa de tres netos -Alejandro, Rebeca e Romina- e bisavoa de tres bisnetos - Gala, Manuel e Tomás-. Na actualidade goza de bo estado de saúde.

No concello da Laracha hai 13 persoas empadroadas con máis dun século de vida, das cales 10 son mulleres e 3 son varóns.

Comentarios