Venres. 19.04.2024
El tiempo

O CEIDA trae a Caión unha charla sobre a fauna mariña da nosa comarca

Veciñas do mar e do ceo copia
O CEIDA trae a Caión unha charla sobre a fauna mariña da nosa comarca

Este venres 22, desde as 19:00 horas, o recén estreado Centro Sociocomunitario Costa da Morte de Caión acolle unha interesante charla da man do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). "Veciñas do Mar e do Ceo" chega no marco do proxecto Aves Ártabras (ÁRTABRO2), que trata de investigar e divulgar a importancia das aves mariñas da costa coruñesa entre as Illas Sisargas e a provincia de Lugo (especies como o corvo mariño cristado, gaivotas, pardelas e outras) así como das súas interaccións coa actividade pesqueira, partindo da base de que esta actividade pesqueira tradicional do noso territorio é sostible e compatible coa conservación destas especies.

En concreto, na costa da Laracha, na contorna de Caión e Punta Atalaia, existe unha importante colonia de cría de corvo mariño, especie ameazada, e que lle outorga un importante valor ambiental ao seu concello.

O evento será con entrada gratuíta ata completar a capacidade máxima da sala.

Comentarios