Centro Comunitario de Caión, o lugar “idóneo” para acoller a exposición “Leviatán”
O propio artista recoñecía que “sería moi difícil atopar un lugar máis adecuado para mostrar este proxecto que o porto de Caión; un lugar cunha antiquísima tradición ballenera, o que lle converte no marco perfecto para acoller esta exposición”.
Precisamente o alcalde larachés sentenciou que grazas a Leviatán “voltan as baleas a Caión”, lembrando que ese animal mariño “forma parte do escudo do Concello da Laracha” e que tamén tivo importancia no deseño arquitectónico do novo centro comunitario.
A exposición estará aberta ata o 20 de decembro, e o horario de apertura do centro comunitario de Caión para presenciar a mostra Leviatán é de luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
A exposición conta coa colaboración entre o Concello e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte e dentro do programa Pasaporte REMA de espazos museísticos atlánticos.
Concerto no Centro
O mesmo centro comunitario de Caión acollerá este venres a partir das 18:00 horas un concerto didáctico a cargo dos músicos Fransy González e Davide Salvado. Este dúo centra a súa obra na recuperación e posta en valor da riqueza do patrimonio musical galego e en difundir os procesos creativos e de investigación que se desenvolven a través del.