Sábado. 17.04.2021
El tiempo

Denunciado por cuatriplicar a taxa de alcoholemia na bici

Ciclista que deu positivo por alcoholemia na Laracha
Ciclista que deu positivo por alcoholemia na Laracha
Denunciado por cuatriplicar a taxa de alcoholemia na bici

A Garda Civil realizaba un control no quilómetro 10,700 da estrada DP-1913 no término municipal da Laracha, cando un ciclista se achegaba ao lugar cunha condución “errática”. Tanto que decidiron interceptalo comprobando os “síntomas evidentes de que se atopaba baixo a influencia de bebidas alcohólicas”.

A Garda Civil realizoulle as pertinentes probas de alcoholemia, arroxando un valor de 0,99MG/L en aire espirado na primeira e de 1,04 MG/L na segunda. Cando a Garda Civil lle comunicaban a denuncia, o ciclista aseguraba que ignoraba a existencia de limite de alcohol para conducir a bicicleta.

Policía Local na Laracha

Ao longo da semana pasada, do 7 ao 13 de decembro, a Policía Local da Laracha intensificou o seu labor de control sobre a taxa de alcohol e a presenza de drogas nos condutores de vehículos, sumándose ao plan especial impulsado pola Dirección General de Tráfico (DGT).

A campaña saldouse con sete positivos detectados, procedendo a Policía Local a tramitar as correspondentes denuncias administrativas a catro condutores por consumo de drogas e a un por dar positivo por alcohol, e a abrir dilixencias por posibles delitos contra a seguridade viaria a outros dous condutores que superaron os 0,60 miligramos por litro de aire expirado na proba de alcoholemia.

Segundo os datos da DGT, o alcohol está presente como factor concorrente ou desencadeante nun terzo dos accidentes mortais, multiplica ata por quince o risco de sufrir accidentes e repercute nunha maior mortalidade ao ser un factor vinculado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.

Ademais, conducir despois do consumo de substancias psicoativas é un comportamento de extremo risco viario que se detectou en maior medida nas zonas urbanas que nas vías interurbanas, polo que o papel das Policías Locais cobra aínda unha maior relevancia.

comentarios