Denuncian o roubo das randeeiras da Área de Gabenlle
O Concello da Laracha vén de denunciar publicamente o roubo dun dos xogos do parque infantil situado máis próximo á entrada principal á área recreativa de Gabenlle. Durante a pasada fin de semana desapareceu dese equipamento o columpio cesta, polo que a Policía Local abriu a correspondente investigación e procedeu a acordoar ese espazo para advertir da circunstancia.
Así mesmo, a área de recreo canino sufriu un acto vandálico que supuxo a rotura da fonte de auga que está a disposición dos usuarios deste equipamento municipal recentemente aberto ao público e que xa fora obxecto do roubo de parte do seu valado perimetral.
Novas obras
Paralelamente, o Concello po en marcha as obras do proxecto de mellora da estrada de Caión que parte da CP-1909, discorre xunto ao santuario dos Milagres e atravesa o núcleo de O Outeiro. O proxecto contempla a ampliación da anchura actual da zona de rodadura dos vehículos aproveitando o espazo dispoñible na marxe da calzada e a nova pavimentación da vía. En total será acondicionada unha distancia lineal duns 600 metros.