Luns. 18.10.2021
El tiempo

Garda Civil e Policía Local controlan o cumprimento das normas en Bergantiños

  • Detidas tres persoas por dous robos en dúas máquinas expendedoras de preservativos e comida
Garda Civil e Policía Local controlan o cumprimento das normas en Bergantiños

Garda Civil da Laracha

Esta fin de semana, axentes da Garda Civil da Laracha realizaron control de cumprimento das medidas anticovid e dos peches perimetrais, e tramitaron un total de 16 denuncias por incumprimento das medidas anti Covid na localidade, facendo especial incidencia no control do cumprimento en establecementos de hostelería.
Un dispositivo que se completa coa continua actuación da Policía Local da Laracha, formada por 8 persoas, que manteñen activos os controis, tanto con alcolemia, como de peches perimetrais.

Por Carballo o dispositivo formado pola Policía Local tamén supuña a imposición de 7 expedientes.

Detencións

Durante a madrugada do pasado 7 de xaneiro, varias persoas realizaban dous roubos con forza. Primeiro trataron de subtraer unha máquina expendedora de preservativos situada na fachada dunha farmacia desa localidade, e pouco despois rompían o cristal dunha máquina expendedora de comestibles sita no centro urbano da Laracha para substraer varios artigos.

Esa mesma noite, gracias á colaboración cidadá e a rápida actuación dunha patrulla da garda Civil da Laracha, lograban interceptar un vehículo sospeitoso dos actos cometidos, logrando en primeira instancia incautar a ferramenta utilizada para a perpetración dos feitos (unha pata de cabra).

As investigacións continuaban abertas e esta fin de semana os axentes lograban localizar aos outros dous supostos autores destes delitos e os detiñan en Carballo, poñéndoos a disposición xudicial xunto cos efectos incautados e as dilixencias instruídas por un posible delito de roubo con forza.

comentarios