Josefa, unha nova centenaria na Laracha
22 de outubro de 2024 (07:56 h.)
A señora Josefa Esperanza Vázquez Castiñeiras cumpría onte 100 anos de idade. Natural de Paiosaco, onda naceu o 21 de outubro de 1924, aínda reside nesa localidade, en concreto na rúa Porta Santa.
Pepa ten dúas fillas, Alicia e Irene, que son quen asumen os seus coidados. Tamén ten cinco netos e seis bisnetos, cos que ten previsto reunirse o próximo sábado para celebrar o aniversario.
No Concello da Laracha están empadroadas 7 persoas que alcanzan o século de vida, sendo seis delas mulleres e un único varón.