Venres. 25.09.2020
El tiempo

A Laracha realiza melloras dos campos de fútbol e reforza o servizo de limpeza do colexios

Mantemento do campo de Paisaco
Mantemento do campo de Paisaco
A Laracha realiza melloras dos campos de fútbol e reforza o servizo de limpeza do colexios

O Concello da Laracha vén de realizar posta a punto da zona de xogo dos dous campos de fútbol de céspede artificial: o Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco. Os traballos, acometidos con medios mecánicos, consistiron na limpeza e cepillado da superficie do terreo de xogo, a descompactación dos recheos, eliminación de vexetación herbácea, revisión de canaletas en liñas de xogo e xuntas.
A U.D. Paiosaco realiza o adestramentos e xoga os seus partidos como local no campo A Porta Santa, mentres que o fan no campo Municipal da Laracha tanto o Laracha C.F. como o Club do Mar de Caión.

Limpeza dos coles

Ademais, o Concello, ante o comezo de curso o vindeiro 10, reforzará o servizo de limpeza nos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión. O Concello revisou o contrato coa empresa concesionaria e incrementar a achega económica municipal, de xeito que ademais da limpeza habitual que se fai con carácter xeral, todos os días realizaranse durante o horario lectivo un mínimo de tres limpezas e desinfeccións dos aseos, nos que haberá xel hidroalcohólico a disposición dos usuarios. Tamén se reforzará o servizo de limpeza nas superficies de uso frecuente (pasamáns, pomos de portas, mesas, mobles, etc.), nas zonas privadas do persoal do centro e nos postos de traballo compartidos (neste caso, en cada cambio de quenda).

Ao tratarse dun servizo que asume e financia integramente o Concello da Laracha, foi preciso revisar o contrato coa empresa concesionaria e incrementar a partida económica para ese fin nun vinte e cinco por cento. O gasto mensual pasará a ser de 13.192,51 euros.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil responsable da área de Ensino, Patricia Bello, manterán hoxe xoves unha reunión no Concello cos directores dos tres colexios coa finalidade de ultimar os preparativos de cara ao regreso da actividade escolar paralizada desde o pasado mes de marzo.

comentarios