Martes. 24.11.2020
El tiempo

Laracha suspende os actos festivos da Festa das Cereixas pero mantén a feira

Imaxe da Festa das Cereixas de Paiosaco
Imaxe da Festa das Cereixas de Paiosaco
Laracha suspende os actos festivos da Festa das Cereixas pero mantén a feira

Continúan saldándose cancelacións arredor do Covid-19. Por exemplo, en Laracha todas as festas populares do mes de xuño, que son as das parroquias de Lestón, Lendo, Coiro e o San Pedro de Soandres, quedan suspendidas.

Tamén quedan cancelados os actos lúdicos e festivos da Festa das Cereixas de Paisaco, a celebración que conta co distintivo de interese turístico de Galicia e que ten lugar na primeira fin de semana de xullo. Cousa que non significa a non celebración da Feira das Cereixas no que se refire en exclusiva á actividade comercial coa venda de produtos alimentarios de primeira necesidade.

De feito, o Concello da Laracha ten previsto reiniciar a actividade no recinto feiral de Paiosaco o domingo 17 de maio, aínda que espera concreción da Delegación do Goberno.

Medidas económicas

En canto ao sector hostaleiro, a Comisión de seguemento da crise confirmou que o Concello non cobrará a taxa municipal pola ocupación da vía pública en terreos municipais con mesas e cadeiras como unha medida de flexibilización fiscal e apoio económico aos establecementos con terrazas. Ademais, solicitarase tanto a Portos de Galicia como á Demarcación de Costas do Estado información sobre a concesión da instalación de terrazas na zona portuaria, paseo marítimo e aparcamento da praia de Caión e que ambos organismos tamén exoneren da correspondente taxa aos locais correspondentes.

Informan ademais que no portal municipal de emprego (www.alaracha.gal/emprego) ofrécese información sobre as convocatorias de axudas das diferentes administracións dirixidas a autónomos, empresas e traballadores.

comentarios