Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un mural escolar pola igualdalde

Mural pola igualdade no CEIP Alfredo Brañas Laracha
Un mural escolar pola igualdalde

O alumnado do CEIP Alfredo Brañas convertiuse en artista creando un mural pola igualdade. Unha iniciativa municipal que trata de empregar metodoloxías participativas e promover a implicación dos diferentes axentes da comunidade. Unha proposta que potencia a transformación educativa e cultural do espazo do patio, favorece o uso de técnicas artísticas desde unha perspectiva lúdica e propón o uso da cultura cun sentido amplo que inclúe xogos, creatividade e investigación situando ao alumnado como protagonista do proceso.

A rapazada de 1º a 6º de Primaria realizou o mural en dúas fases. A primeira consistiu no traballo na aula do deseño, para o que foi preciso levar a cabo varias sesións diferenciadas nas que se formou aos alumnos sobre os contidos a tratar no mural, a dinámica do concurso de debuxos orixinais, a presentación dos traballos para a posterior selección do escollido para plasmalo no muro do patio. A segunda fase foi a propia execución do mural.

No CEIP Otero Pedrayo estase a realizar unha iniciativa idéntica que culminará os días 18 e 19 de maio coa pintura do mural. No CEIP de Caión e no IES Agra de Leborís está previsto levar a cabo un programa de similares características no próximo curso escolar.

Comentarios