xoves. 21.05.2026
El tiempo

Nova posta en valor das accións formativas para desempregados

Visita aos Cursos ADF Para desempregados
Nova posta en valor das accións formativas para desempregados

Visitaba a semana os Cursos que se desenvolven en Colaxe. E onte, a Delegada da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou xunto ao alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, o organizado por este Concello, que está a impartir dentro de accións formativas para desempregados (AFD).

Na A Laracha desenvólvese un curso Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, que conta con 13 allumn@s, que comezou o pasado 17 de abril e rematará o 11 de setembro, despois de 450 horas de formación. Contou cun apoio de case máis de 52.000 euros, na convocatoria 26-27.
Na visita a representante do Goberno autonómico anunciou que A Laracha volverá a contar este ano cun obradoiro de emprego grazas a unha achega da Xunta de máis de 474,000 euros centrado en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e traballos de carpintaría e moble, que contará con 20 prazas.

Visita aos Cursos ADF Para desempregados Laracha

Novos cursos AFD

Belén do Campo lembrou que Xunta de Galicia mantén aberta a convocatoria 2026-2027 das Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD). No caso concreto da comarca de Bergantiños-Costa da Morte, concedéronse 19 accións
formativas por un importe de máis de 1,2 millóns de euros, que serán desenvolvidas polos concellos de Carballo e A Laracha e por 9 entidades e. Por municipios, distribúense en 14 cursos en Carballo, 1 Laracha, 1 en Cee, 1 en Vimianzo, 1 en Zas e 1 en Laxe.

A programación formativa céntrase especialmente nos sectores con maior demanda de profesionais cualificados en Galicia, entre eles a atención sociosanitaria, administración e xestión, docencia, loxística, metal, comercio e hostalaría.
As accións están dirixidas preferentemente a persoas desempregadas, aínda que tamén poderán participar persoas ocupadas ata un máximo do 30 % das prazas dispoñibles no caso de existiren vacantes. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto entre o 20 de xaneiro e o 30 de novembro de 2026.

Comentarios